InicioSen categorizarSete bandas únense en concerto contra os "recortes salvaxes" no Vigosónico

Sete bandas únense en concerto contra os “recortes salvaxes” no Vigosónico

A plataforma Grupos de Vigo en Loita denuncia o "nulo interese do Concello na música da cidade" e organiza un concerto "para contrarrestar a falta de grupos locais na programación municipal".

PUBLICADO O

O club Molotov acollerá o vindeiro venres, 3 de xuño, un concerto organizado pola plataforma Grupos de Vigo en Loita para reclamar a mellora das salas de ensaio de Vigosónico logo do recorte en horas dispoñibles e condicións dende a súa reapertura a principios deste mes.

Tamén servirá, explican nun comunicado, para reivindicar a presenza de bandas viguesas na programación de verán do Concello, que, segundo o colectivo organizador “brilla pola súa ausencia, especialmente cando esta podería servir de altofalante da cultura da cidade ao xuntar estes artistas cos grandes nomes internacionais”.

Así, este concerto inclúe sete bandas da escena punteiras en diferentes estilos, dende o rap de La Cloaka Sound e JCA, pasando polo punk dos Vacalouras, o metalcore de Arson Tides, a mestura de rap e rock do Puto Show, o pop punk de Gracias por Nada, o rock duro de West Ride ou o rock de Einconscientes. Unha chea de bandas viguesas para contrarrestar a falta destas na programación municipal.

A convocatoria deste concerto chega logo dunhas declaracións nas que o alcalde de Vigo, Abel Caballero, cuestionaba a realidade das deficiencias de Vigosónico que vén denunciando repetidamente a plataforma Grupos de Vigo en Loita. “Gustaríame”, engadía Caballero, “que os grupos que protestan digan tamén que Vigosónico é gratuíto, o único sitio onde isto sucede”. 

Dende a plataforma rebaten estas declaracións e afirman que “en Galicia hai decenas de salas de ensaio públicas e gratuítas en diferentes concellos”. Ademais, aseguran que “o recorte de horarios e instalacións, as maiores restricións de uso e a cantidade de material defectuoso, do que se está tomando lista por parte do persoal, é facilmente contrastable”. O colectivo considera que o intento de “desacreditar e de tachar de mentireiros os músicos e usuarios de Vigosónico so vén confirmar o nulo interese do Concello na música da cidade“. Piden, por iso, ao alcalde, que sente con eles para recoller as súas demandas no canto de “infravaloralos e atacalos”.

Dende a plataforma tamén negan que en Vigosónico se graven discos e maquetas de grupos, tal e como dixo Caballero. “Eses espazos nunca foron de libre disposición gratuíta para os grupos”, sinalan. “É moi desafortunado que o alcalde pretenda, aínda por riba, que lle deamos as grazas por un servizo público básico para a cultura da cidade que acaba de recortar salvaxemente logo de máis de dous anos pechado”, denuncian.

O concerto organizado por Grupode Vigo en Loita, no que se visibilizarán todas estas cuestións, comezará ás 20:30, e a entrada será totalmente de balde.

ÚLTIMAS

Asistidas un pai e a súa filla en Vigo tras producirse un incendio na súa vivenda

Dúas persoas, un pai e unha filla, necesitaron asistencia en Vigo este xoves tras producirse...

Emilio Sotelino ou a Asociación de Viúvas Demócratas entre os Vigueses Distinguidos 2024

O pleno de Vigo aprobou este luns por unanimidade nunha sesión extraordinaria os novos Vigueses...

O goberno de Vigo aproba o marco orzamentario ata 2027 e prevé investimentos por valor de 33 millóns cada ano

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o goberno local aprobou o marco...

Pechados parques e espazos arbóreos da cidade de Vigo debido ao temporal

O Concello de Vigo restrinxiu por seguridade o acceso aos parques e espazos arbóreos...