Dúas furgonetas queimadas este domingo no peirao do Berbés

os xestores de emerxencias puxeron en marcha un operativo formado polos Bombeiros de Vigo e os axentes da Policía Nacional e Local.

Arquivo - Sede do 112, Axega. 112 - Arquivo

O 112 iformou este domingo dun incendio que calcinou dúas furgonetas no porto pesqueiro do peirao do Berbés, no concello de Vigo. Os feitos tiveron lugar ás 06,45 horas. A esa hora, o persoal do porto contactou co 112 Galicia para informar o incendio.

Con estes datos, os xestores de emerxencias puxeron en marcha un operativo formado polos Bombeiros de Vigo e os axentes da Policía Nacional e Local. Así mesmo, informaron á Autoridade Portuaria e á Garda Civil. As forzas da orde tratan de esclarecer as causas do suceso.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here