Xubilados vigueses reclamaron máis recursos para a Atención Primaria

Así, esixiron á Xunta que contrate a máis persoal "en condicións de traballo dignas" e que se acometan as reformas estruturais necesarias para garantir unha atención adecuada á cidadanía.

O colectivo de persoas xubiladas e pensionistas da CIG de Vigo desenvolveu este xoves unha concentración ante o centro de saúde de Rosalía de Castro, na cidade olívica, para demandar máis recursos materiais e humanos na Atención Primaria.

Así, esixiron á Xunta que contrate a máis persoal “en condicións de traballo dignas” e que se acometan as reformas estruturais necesarias para garantir unha atención adecuada á cidadanía. Respecto diso, lembraron que Sanidade trasladou o peso da atención da pandemia de Covid a este servizo, sen dotalo dos medios precisos para garantir tamén a asistencia no caso doutros problemas de saúde.

Na súa opinión, a pandemia veu a agravar a “sobrecarga” xa existente na Atención Primaria previamente e pediron un aumento no número de traballadores, unha reforma das áreas administrativas, e unha dotación de profesionais adecuada para dar unha asistencia “integral” á poboación, de calidade e “sen listas de espera”.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here