A UVigo selecciona 12 iniciativas de emprendedores para as axudas Incuvi-Emprende

O reitor da institución académica, Manuel Reigosa, agradeceu o papel das empresas e institucións socias desta iniciativa e subliñou o valor do apoio ao emprendemento, nun país no que hai "déficit" deste tipo de actividade.

20-01-2022 El programa de emprendimiento de la UVigo, Incuvi, otorga ayudas a 17 proyectos para su impulso, avance y consolidación. La Universidade de Vigo ha seleccionado 12 iniciativas emprendedoras que se beneficiarán de las ayudas del programa Incuvi-Emprende en su décima convocatoria, así como otros cinco proyectos que recibirán apoyo en el marco de Incuvi-Avanza (sexta edición) e Incuvi-Consolida (segunda edición). GALICIA ESPAÑA EUROPA SOCIEDAD PONTEVEDRA AUTONOMÍAS ECONOMIA EDUCACIÓN DUVI-UNIVERSIDADE DE VIGO

A Universidade de Vigo seleccionou 12 iniciativas emprendedoras que se beneficiarán das axudas do programa Incuvi-Emprende na súa décima convocatoria, así como outros cinco proxectos que recibirán apoio no marco de Incuvi-Avanza (sexta edición) e Incuvi-Consolida (segunda edición).

Os proxectos elixidos foron dados a coñecer este xoves nun acto retransmitido telematicamente, no que o reitor da institución académica, Manuel Reigosa, agradeceu o papel das empresas e institucións socias desta iniciativa e subliñou o valor do apoio ao emprendemento, nun país no que hai “déficit” deste tipo de actividade.

Ademais, o reitor anunciou a próxima inauguración, no edificio Miralles do campus vigués, dun espazo Incuvi, para proporcionar aos emprendedores un centro de traballo e formación.

Pola súa banda, o director de convenios e mecenado de Santander Universidades, José María García de los Ríos, lembrou que a entidade leva anos colaborando coa Universidade de Vigo, e subliñou a súa aposta polo apoio á educación superior como “motor de progreso inclusivo e sostible”.

AXUDAS INCUVI

Na X edición do programa Incuvi-Emprende premiou ” diferentes proxectos, entre os que están a creación dun Centro de Día baseado no modelo ‘ housing’, unha iniciativa para crear unha tenda de ‘merchandising’ da UVigo, un proxecto de rehabilitación sostible de hoteis, outro de eólica mariña sobre bateas, un de ‘ renting’ de moda ou outro para a detección de infeccións mediante dispositivos implantables.

Ademais, outorgáronse axudas a 4 ideas no marco de Incuvi-Avanza para un proxecto de comunicación dixital no sector da artesanía, para unha plataforma de venda de produtos alimentarios de proximidade, para unha empresa de solucións visuais interactivas, e para unha rede de estacións de intercambio e carga de baterías de motocicletas eléctricas.

Finalmente, o programa Incuvi-Consolida seleccionou o proxecto ODS Protein de produción de proteínas alternativas a través de procesos de fermentación, e que poden empregarse en múltiples produtos da industria alimentaria.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here