As autoridades sanitarias galegas comunicaron outras tres mortes de persoas diagnosticadas con covid-19, dúas delas rexistradas en Vigo e unha en Ferrol.
Trátase de tres mulleres que presentaban patoloxías previas e se atopaban hospitalizadas. Dous dos decesos, de mulleres de 72 e 82 anos, respectivamente; producíronse o mércores no CHUVI.
O outro falecemento notificado este xoves tivo lugar este mesmo 9 de decembro, cando unha muller de 86 anos morreu mentres se atopaba ingresada no CHUF. Con estas, Galicia suma xa 2.693 mortes asociadas á pandemia desde marzo de 2020.