InicioSen categorizarCaballero responde. Este vai ser o prezo da factura da luz de...

Caballero responde. Este vai ser o prezo da factura da luz de nadal en Vigo

Caballero "temos un contrato de electricidade a prezo fixo polo que imos pagar a mesma factura que a que pagamos outros anos"

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, respondeu esta mañá ás preguntas de Nuria Roca no seu programa de La Sexta.

Vigo terá este ano 350 rúas iluminadas con 11 millóns de luces LED. Nuria Roca preguntáronlle pola factura da luz que isto podería carrexar, no contexto no que o prezo no mercado que non deixa de crecer e bater récords, e o alcalde respondeu tallante.

“Somos xente moi previsora. Eu calcúloo todo e temos un contrato de electricidade a prezo fixo polo que imos pagar a mesma factura que a que pagamos outros anos”, aclarou. Tamén lle puxo unha cifra a este gasto: “A luz de Nadal só custa 30.000 euros, e non vai haber ningún incremento porque o temos contratado a prezo fixo”, insistiu.

Doutra banda, sobre os altofalantes que están instalados pola cidade, asegura que forman parte dun sistema de megafonía que “igual é necesario para aglomeracións ou facer notificacións no contexto da pandemia”. A través deles soarán panxoliñas durante dúas ou tres horas pola tarde e en ton moi baixo, afirmou. “Non molestan a ninguén. Non imos a torturar á xente de Vigo, cos que eu os quero”.

ÚLTIMAS

Axentes e funcionarios denuncian as condicións “extremas” de calor na Comisaría de Vigo

Medio centenar de axentes e funcionarios da Comisaría de Vigo-Redondela, convocados polos sindicatos policiais...

Detido en Vigo por unha agresión á súa parella

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un home de 47 anos de...

Confirmados 4 anos de cárcere para un home que extorsionou a unha muller

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a sentenza da sección quinta...

OPINIÓN.- Riscos ambientais e patrimonio local na Barroca de Navia

As ondas de calor soportadas no mes de xuño mostran con claridade a anomalía...