A Xunta cambiou a lei para beneficiar á eólica que remataría contratando á exconselleira Mato

A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, e o presidente do Padroado da Fundación Semana Verde de Galicia, Alfonso Rueda, asinarán un convenio de colaboración para a organización dun encontro informático. No despacho da conselleira. No Edificio Administrativo de San Caetano. foto xoán crespo 28/05/15

Greenalia recibiu case 800.000€ en subvencións e un préstamo dun millón de euros da Xunta pouco antes de contratar a Bea Mato. Un cambio na norma autonómica permitiulle multiplicar por 9 o seu valor en bolsa e impulsar máis de 50 parques eólicos, moitos deles acusados de ilegalidades. A compañía nega que a fichaxe de Mato tivera que ver coas autorizacións concedidas.

En 2015 Greenalia era unha empresa sen horizonte nin futuro. A andaina desta compañía coruñesa comezara uns anos antes, por 2006, cando o fundador Manuel García Pardo decidiu abandonar o negocio familiar da celulosa para tentar conseguir un anaco da torta das renovables. Pero chegou tarde á festa. Para cando logrou tramitar os seus primeiros proxectos, Feijóo anulou ilegalmente o concurso eólico do bipartito, deixando en suspenso a carreira do vento en Galicia. Greenalia comezaba entón unha longa travesía polo deserto da que, paradoxicamente, había de saír uns anos despois coa axuda do goberno do PPdeG

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here