Sen máscaras no exterior a partir do 26 de xuño

Muller embarazada con mascaquilla | Pixabay
Muller embarazada con mascaquilla | Pixabay

O presidente do Goberno, Pedro Sánchez, anunciou este venres que as máscaras deixarán de ser obrigatorias nos espazos ao aire libre a partir do sábado 26 de xuño.

Na súa intervención, na clausura de Reunión Círculo de Economía, que se celebra no Hotel W de Barcelona, explicou que convocará un Consello de Ministros extraordinario para aprobar a medida.

“Este será o último fin de semana con máscaras nos espazos ao aire libre”, celebrou o presidente que destacou que as previsións que fixo o goberno non só son optimistas senón que se van a quedar curtas, nas súas palabras.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here