InicioMedio Ambiente e PatrimonioArbo prepara a súa VIII exposición de cans, con tiro con arco,...

Arbo prepara a súa VIII exposición de cans, con tiro con arco, cetrería e desgustacións de xabaril

PUBLICADO O

O Concello de Arbo organiza o vindeiro 24 de xuño no Campo da Telleira de Arbo, coa colaboración da Sociedade de cazadores Santa Barbara das Neves- Arbo, a Feira de Cans, dende ás 9:00 horas ata ás 14:00horas, momento no que se fará entrega de trofeos aos mellores cans.

“Con este evento se pretende formentar esta modalidade deportiva e que contribúe á promoción turística e económica do municipio, sendo o único destas características que se celebra en este término municipal, e que esta tendo unha gran participación e aceptación por parte dos veciños do municipio de Arbo e dos limítrofes”, subliñan os organizadores.

Segundo remarcan, “este acto tamén busca a celebración de lecer e de reunión que favorece un intercambio cultural e social neste ámbito. Durante a xornada realízanse exposicións abertas ao público como exposición de cans de caza de diferentes razas, camadas de cans e rehalas, exposición de aves de cetrería e de ser posible algunha exhibición das mesmas, exposición e prácticas de tiro con arco, exhibición de cans de parada e cans de agility. Do mesmo xeito degústase xabaril gratuíto no recinto da Carballeira”.

ÚLTIMAS

Encontrado o cadáver dunha muller dentro dun coche aparcado nun parking de Samil

O cadáver dunha muller foi achado dentro dun coche que estaba aparcado nun parking...

Decretan prisión para o recluso da Lama investigado pola morte da muller que apareceu no Porriño

A maxistrada do Xulgado de Instrución número 3 do Porriño decretou prisión provisional, comunicada...

O PP cualifica de “intento de nacionalización” a auditoría que pide o BNG do novo concerto con POVISA

O portavoz do Grupo Popular, Alberto Pazos, criticou o que considera un intento de...

Rescatan un bebe que quedou pechado nun vehículo

Os Bombeiros de Vigo tiveron que rescatar na mañá deste martes a un bebé...