InicioSociedadeA federación REDE pide a dimisión de Corina Porro ante os positivos...

A federación REDE pide a dimisión de Corina Porro ante os positivos por coronavirus na residencia integrada de Nigrán

Os familiares de usuarios de residencias para maiores da área de Vigo, consideran que se están favorecendo os intereses privados de servizos xeriátricos, e cualifican a actual situación de esperpento.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Os dous casos positivos por coronavirus na residencia integrada de Nigrán, anteriormente o centro xuvenil de Patos, levou ás diferentes asociacións de familiares de usuarios a esixir ás autoridades sanitarias cales son os procedementos que se empregan cos seus familiares dentro das “pomposamente chamadas residencias integradas”.

A Federación REDE, que aglutina a maioría de asociacións de familiares, piden a dimisión da delegada da Xunta en Vigo, Corina Porro, acusándoa de levar adiante unha operación de “manipulación propagandística” cando se efecturaron os traslados ao centro de Nigrán. Os traslados consistiron en levar persoas non infectadas por coronavirus das residencias de Barreiro e Aldán para as instalacións no albergue de Patos.

Durante o traslado de persoas maiores ao albergue en Nigrán, a delegada Corina Porro estivo presente durante a chegada dos primeitos trasladados. “Rodeada de cámaras de televisión recibindo a unhas persoas desorientadas e vulnerables, ás que practicamente se lles secuestrou a súa vontade”. A raíz disto a Federación REDE pide a Corina Porro que non se “achegue aos nosos familiares, que son os nosos seres queridos e non propiedade privada”.

Tamén REDE apunta a que o traslado a residencias integradas está favorecendo os intereses da patronal dos servizos xeriátricos, igualmente acusados de seren “responsables directos da traxedia que vive Galicia”.

Por outra banda, esixen que “nos conten con detalle os dous casos positivos de Panxón”, ademais do tipo de material que usa o persoal destinado e que infraestruturas de apoio aos residentes dependentes conta o albergue de Patos.

Por último, piden coñecer o calendario ou planificación de comunicacións e información entre familias e usuarios, aos que non ven desde hai máis dun mes, “só nas pantallas da televisión amiga xunto a Corina Porro”.

ÚLTIMAS

Desmantelan en Mos unha festa rave

A Garda Civil de Pontevedra, a través do Grupo de Información da súa comandancia, informou sobre...

Rescatan a varios veciños dun edificio en chamas en Vigo

Os Bombeiros de Vigo rescataron a varios veciños dun edificio en Vigo no que...

Defensor do Pobo aproba a xestión de Vigo no incendio do edificio Alfonso X e critica á Xunta

O Defensor do Pobo emitiu un informe en resposta á solicitude de atención formulada...

OPINIÓN.- Vigo: Un plan de transporte para o futuro

A cidade de Vigo atópase nun momento crucial da súa historia. O crecemento desordenado...