InicioVigo e contornaO PorriñoAs Gándaras de Budiño, "rebosantes de vida" ou un dos puntos negros...

As Gándaras de Budiño, “rebosantes de vida” ou un dos puntos negros do Camiño portugués?

EU-SON do Porriño presentará unha moción para a protección do as Gándaras de Budiño, que consideran esquecidas pola Xunta e o Goberno Municipal.

PUBLICADO O

As lagoas e balseiros das Gándaras de Budiño foron declarados Lugar de Importancia Comunitaria pola Red Natura 2000, creada para a conservación dos hábitats naturais de fauna e flora.

Só un 12% do territorio galego ten esta consideración, e dende EU-SON do Porriño (Esquerda Unida) defenden que “este espazo natural, en vez de merecer a máxima protección e conservación por parte das autoridades e institucións, está esquecido e abandonado pola Xunta e o Goberno Municipal, e vén sufrindo continuas agresións ambientais”.

Denuncian como “as administracións pechan os ollos e incumpren a obriga de facer cumprir a normativa medioambiental en vigor. Non esquezamos, porque eso parece, que administrativamente pertencen ao Concello do Porriño. O espazo cada vez vese máis reducido e rodeado pola expansión dos polígonos que cada vez o encaixan nun reduto mínimo”.

Deste xeito, defenden dende EU-SON que este espazo natural pasou de ser “unha xoia natural rebosante de vida”, lamentan, a ser sometido a un deterioro constante hai tan só 20 anos”. E, polo tanto, enumeran:

  • “Alto índice de contaminación das augas estancadas, debido a materias procedentes do polígono limítrofe e das canteiras“.

  • “Sendeiros sin sinalizar;un centro de interpretación no que se gastaron moitos cartos e que se deixou morrer sen chegar a usar; residuos por todos lados; uns observatorios abandonados e que hoxe cumpren calquera función menos a de observar aves; sin vixiancia, control, mantemento e cuns arredores que nada teñen que ver cun espazo ecolóxico da importancia deste”.

  • “Ningúnha difusión da súa importancia nin difusión do seu interese para os e as pelegríns que pasan moi preto cando fan o Camiño portugués”. De feito, o consideran “un pesadelo para os e as pelegríns”, e “un dos puntos “feos” ou “negros” do Camiño”.

Según os/as expertos/as o futuro non é esperanzador, pero aínda perviven aí decenas de especies de flora e fauna, polo cal o Grupo Municipal de EU-SON, somete á consideración do Pleno a aprobación dos seguintes acordos:

  • “Darlle ao espazo das lagoas e balseiros das Gándaras de Budiño protección ambiental máxima e comprometéndose á súa conservación e a difusión do seu interese ambiental”.

  • “Mellorar o contorno deste espazo que ademais é paso do Camiño portugués. Traballar ás Gándaras en conxunto co Polígono, corrixindo os erros no posible e facendo da entrada no Porriño un paseo fermoso e agradable para os e as camiñantes, ademais de para todos e todas os que vixitan este espazo natural e os Polígonos Industriais”.

ÚLTIMAS

Asistidas un pai e a súa filla en Vigo tras producirse un incendio na súa vivenda

Dúas persoas, un pai e unha filla, necesitaron asistencia en Vigo este xoves tras producirse...

Emilio Sotelino ou a Asociación de Viúvas Demócratas entre os Vigueses Distinguidos 2024

O pleno de Vigo aprobou este luns por unanimidade nunha sesión extraordinaria os novos Vigueses...

O goberno de Vigo aproba o marco orzamentario ata 2027 e prevé investimentos por valor de 33 millóns cada ano

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o goberno local aprobou o marco...

Pechados parques e espazos arbóreos da cidade de Vigo debido ao temporal

O Concello de Vigo restrinxiu por seguridade o acceso aos parques e espazos arbóreos...