InicioMedio Ambiente e PatrimonioAnuncian a creación do parque forestal de Cabo Udra

Anuncian a creación do parque forestal de Cabo Udra

O orzamento da operación ascende a 55.558,67 €.

PUBLICADO O

O Concello de Bueu e a Comunidade de Montes Veciñais en Mancomún de Beluso crearán un parque forestal en Cabo Udra, actuación que se insire no marco das subvencións destinadas á mellora dos montes convocadas pola Deputación de Pontevedra.

Estas subvencións constan de dúas liñas. A primeira vai destinada á redacción de proxectos de parques forestais subvencionados ata un máximo do 70 % do seu custo e a segunda refírese á execución das actuacións contempladas nos proxectos xa redactados.

O ano pasado, o Concello solicitara a subvención para a redacción dun proxecto de parque forestal en Cabo Udra e nesta convocatoria levarase a cabo a primeira fase da execución do mesmo, cuxo orzamento ascende a 55.558,67 €.

Proxecto en Cabo Udra/ Concello de Bueu

O obxectivo é, pois, que este espazo sexa de recreo libre e público, con valores naturais, culturais e paisaxísticos únicos e que merecen ser promocionados e conservados. O proxecto farase en dúas anualidades e inclúe a mellora e restauración dos valores naturais e forestais (conservación da masa forestal e do mato atlántico e diversificación de usos mediante recuperación de pasteiros naturais), a prevención e defensa contra incendios forestais (área de defensa verde para a protección de zonas edificadas de uso residencial e na Aula da Natureza de Cabo Udra, e control selectivo do mato nas zonas de maior tránsito e uso público), posta en valor dos elementos patrimoniais, culturais e paisaxísticos (protección e valorización de xacementos arqueolóxicos e elementos paisaxísticos), revitalización de elementos sociais e zonas de uso público (acondicionamento e mantemento da rede de sendeiros e do entorno do manancial de Barcelo e creación de fonte), e mellora de sinalización e interpretación dos valores do parque forestal (inclusión de paneis informativos e mesa panorámica no miradoiro).

ÚLTIMAS

Chega aos Play Doc ‘Salvaxe, Salvaxe’ un filme ecoloxista galego premiado en Málaga

O filme galego ‘Salvaxe, Salvaxe’ chega a Galicia este mes de maio, despois de...

Encontrado o cadáver dunha muller dentro dun coche aparcado nun parking de Samil

O cadáver dunha muller foi achado dentro dun coche que estaba aparcado nun parking...

A oposición viguesa denuncia que Caballero veta o pronunciamento da Corporación sobre a saída sur e o AVE a Porto

Os grupos da oposición no Concello de Vigo denunciaron este mércores que o goberno...

Saen de prisión os tripulantes do MV Karar coa obrigación de comparecer quincenalmente

Os 14 tripulantes do MV Karar, interceptado en abril de 2020 cando navegaba cara...