InicioPolíticaO PSOE acusa a Xunta de "desmantelar" o rural de Ponteareas

O PSOE acusa a Xunta de “desmantelar” o rural de Ponteareas

PUBLICADO O

A tenente de alcalde do Concello de Ponteareas, Chus Garrote, vén de “alertar” sobre a “política de desmantelamento” do rural que estarían levando a cabo, segundo a socialista, a Xunta de Galicia e o Partido Popular en Ponteareas, “con resultados nefastos para a vila do Tea”, asegura.

A edil socialista denuncia que a Xunta de Galicia está “recortando” servizos básicos no rural como o transporte ou o ensino: “Vimos como recortaron máis do 70% liñas de bus ao Hospital Álvaro Cunqueiro”, denuncia a Secretaria Xeral do PSOE ponteareán, Chus Garrote.

O PSOE ponteareán explica que todo isto obedece a un “plan de axuste do gasto ante a grave problemática de avellentamento da poboación galega“, e crecemento vexetativo negativo: “O goberno de Alberto Núñez Feijóo está empregando Ponteareas como o seu particular laboratorio de experimentos”, asegura.

Así mesmo, a tenente de alcalde Chus Garrote acusa directamente a Belén Villar de traizoar os intereses dos ponteareáns: “Belén Villar demostrou preferir quedar ben ante o seu xefe para ascender no PP, que traballar polo ben de Ponteareas” sentencia Chus Garrote.

A responsable do PSdeG-PSOE de Ponteareas “esíxelle” ao Presidente da Xunta de Galicia, o popular Alberto Núñez Feijóo, “rectificar nas súas políticas no rural ponteareá e garantir condicións de repoboamento efectivos, devolvendo servizos como o de transporte e o de educación, así como un política de natalidade efectiva, para corrixir a longo prazo o grave problema que está sufrindo Galicia”.

ÚLTIMAS

Asistidas un pai e a súa filla en Vigo tras producirse un incendio na súa vivenda

Dúas persoas, un pai e unha filla, necesitaron asistencia en Vigo este xoves tras producirse...

Emilio Sotelino ou a Asociación de Viúvas Demócratas entre os Vigueses Distinguidos 2024

O pleno de Vigo aprobou este luns por unanimidade nunha sesión extraordinaria os novos Vigueses...

O goberno de Vigo aproba o marco orzamentario ata 2027 e prevé investimentos por valor de 33 millóns cada ano

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o goberno local aprobou o marco...

Pechados parques e espazos arbóreos da cidade de Vigo debido ao temporal

O Concello de Vigo restrinxiu por seguridade o acceso aos parques e espazos arbóreos...