InicioPolíticaBorja San Ramón asegura en Vigo que lidera a única candidatura que...

Borja San Ramón asegura en Vigo que lidera a única candidatura que presenta un proxecto “íntegro” para liderar Podemos Galicia

PUBLICADO O

O candidato a coordinador nacional e secretario de organización de Podemos Galicia Borja San Ramón presentou este mércores en Vigo ‘Tecer Galicia’, asegurando ser a única candidatura que dispón dun proxecto “íntegro” para a formación.

O aspirante apoiado pola dirección saínte do partido visitou a sede local de Podemos Vigo para manter un encontro coa militancia, no marco das primarias nas que se disputará a dirección galega de Podemos.

Acompañado de Verónica Hermida, que forma parte das direccións galega e estatal de Podemos, e de Gloria Alonso, sindicalista e portavoz de Feminismo e Igualdade en Vigo, San Ramón explicou o seu proxecto, no cal ambas as mulleres forman parte da lista que espera gañar a dirección do partido o próximo 15 de decembro.

No acto, o tres destacaron que ‘Tecer Galicia’ é a “única candidatura cun proxecto íntegro”, ademais de asegurar que é a opción que “impulsa unha maior presenza de mulleres na organización”, cunha lista con máis nomes femininos que masculinos.

Por todo iso, Borja San Ramón expresou a súa vontade de que “todos os territorios se sintan representados” no novo Consello Cidadán, polo que as listas de ‘Tecer Galicia’ contan con persoas de 23 círculos diferentes.

ÚLTIMAS

Gonzalo Caballero proposto polo PSOE de Vigo como candidato galego ás europeas

A asemblea do Partido Socialista de Vigo propuxo ao que fora secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero,...

Claudio Giráldez renova como adestrador do Celta ata xuño de 2025

O adestrador galego Claudio Giráldez renovou este xoves o seu contrato como técnico do RC...

Vigo supera de novo os 300.000 habitantes, “de longo a maior cidade de Galicia”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a cidade volveu a superar os 300.000 habitantes...

Case nove de cada dez usuarios da Asociación Érguete en Vigo comezou a consumir drogas antes dos 18 anos

Preto do 88% dos usuarios da Asociación Érguete en Vigo comezou a consumir drogas antes...