Caballero reclama á Xunta “que se faga cargo” do albergue municipal ou, “en todo caso, do financiamento”

"Esíxolle que o pague na súa totalidade", di o alcalde.

Albergue municipal de Vigo /

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, remitiu este venres unha carta ao presidente da Xunta, Alfonso Rueda, para reclamar á administración autonómica “que se faga cargo” do albergue municipal ou, “en todo caso, do financiamento” do mesmo.

Caballero informou de que o Concello aumenta en 300.000 euros a achega para esta dotación social, pasando de 785.000 a 1,1 millóns de euros anuais.

O alcaldeu afeou á Xunta que deixe fóra das axudas os albergues municipais, especialmente tendo en conta que o de Vigo é o único albergue municipal de Galicia. Por iso, lembrou que manter este tipo de dotacións é “obriga e competencia” da Xunta.

“Esíxolle que o pague na súa totalidade”, proclamou o alcalde, quen volveu a cuestionar se Alfonso Rueda é un presidente “antiVigo”.

O goberno local acaba de adxudicar a xestión do albergue de Marqués de Valterra (Centro Integral de Inclusión e Emerxencia Social) por un custo de 3,5 millóns de euros e ata 2025. O contrato inclúe, ademais da xestión do albergue, o centro de día, o punto de atención continuado, o comedor social, un piso básico e o ‘equipo de rúa’.