Feijóo cre que Caballero “rectifica” o seu “boicot” ao Xacobeo tras permitir facer concertos da Xunta

Di que este cambio de actitude de Caballero significa que a cidade "non entende a actitude" do concello cara ao Xacobeo.

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, na rolda de prensa deste xoves en Vigo.. XUNTA

O presidente da Xunta en funcións, Alberto Núñez Feijóo, deu a benvida este xoves á “rectificación” do alcalde de Vigo, Abel Caballero, pola súa disposición a que a cidade acolla o concerto de Muse no marco do Xacobeo no estadio municipal de Balaídos.

“Sabemos que o que ocorre desde hai moito tempo co Xacobeo en Vigo é un boicot. É a única cidade do mundo onde non podemos sinalar os camiños de Santiago, témolo prohibido”, lamentou Núñez Feijóo na súa última rolda de prensa tras un Consello da Xunta.

Por este motivo, continuou, se o alcalde quere rectificar “tras negar a posibilidade de facer concertos en Balaídos” farallo saber á delegada da Xunta na cidade. Pero, para Núñez Feijóo, este cambio de actitude de Caballero significa que a cidade “non entende a actitude” do concello cara ao Xacobeo, polo que a súa decisión será “ben acollida” polos vigueses, dixo.

En calquera caso, sinalou, serán os responsables dos concertos do Xacobeo quen vexan se é posible retomar ese concerto, o de Muse, ou outro en Balaídos.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here