A Xunta responsabiliza o Concello de Redondela da falta da nova escola infantil

A conselleira de Política Social incidiu en que corresponde ao goberno local dispor dos terreos en Chapela e elaborar o proxecto para acometer a actuación.

Fabiola García. XUNTA

A conselleira de Política Social, Fabiola García, responsabilizou o Concello de Redondela da falta de execución da escola infantil comprometida desde hai anos para a zona de Chapela. Así o manifestou a responsable autonómica en resposta a unha pregunta oral formulada pola deputada socialista Leticia Galego durante o pleno do Parlamento de Galicia na súa sesión deste mércores.

A conselleira incidiu en que corresponde ao goberno local dispor dos terreos e elaborar o proxecto para acometer a actuación. Segundo Fabiola García, a Xunta solicitou a documentación destes trámites hai catro anos, pero o executivo local aínda non respondeu.