InicioPolíticaFernández-Tapias pide un PP vigués unido para ser "alternativa sólida"

Fernández-Tapias pide un PP vigués unido para ser “alternativa sólida”

A secretaria executiva do PSdeG-PSOE e membro da executiva local de Vigo Patricia Rodríguez Calviño sinalou o congreso celebrado o pasado sábado polo PP como "teledirixido" por Rueda e Feijóo

PUBLICADO O

- Advertisement -

A presidenta do PP de Vigo, Marta Fernández-Tapias, apostou por construír “unha alternativa sólida e eficaz” ao goberno local e “un partido unido”.

Nunha carta á militancia, asegurou que, tras o XIII Congreso Local no que foi elixida presidenta, asumiu con “humildade”, “espírito de servizo” e “toda a enerxía” o cargo e avogou por crear unha “alernativa” ao goberno municipal desde o partido.

Ademais, insistiu en que “no PP todos son necesarios” independentemente da persoa á que apoiasen no congreso e afirmou que é momento de “volver crer, de volver ilusionarse e de porse a traballar”. “Non me resignarei a que sexamos unha forza política residual na nosa cidade. Pola miña banda prométovos traballo, lealdade, diálogo, dedicación e esforzo”, afirmou.

Fernández-Tapias manifestou que aspira a “buscar a proximidade con todos os vigueses” e a gañar “o aprecio, respecto e confianza” dos militantes, tras o que defendeu que “entre todos” serán capaces de “renovar a súa ilusión, sumar cada día a máis xente ao seu proxecto e obter os resultados que se queren”.

Neste sentido, augurou que no novo camiño comezado “conta con todos para devolver ao Partido Popular de Vigo ao lugar que xa ocupou no pasado” e “sen queixas nin lamentacións”.

CRÍTICAS DO PSOE

Pola súa banda, en declaracións remitidas aos medios, a secretaria executiva do PSdeG-PSOE e membro da executiva local de Vigo Patricia Rodríguez Calviño tachou de “nefasto” o congreso celebrado o pasado sábado polo PP, que considerou que foi “teledirigido” polo presidente da Xunta e o PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, e o presidente provincial do partido, Alfonso Rueda.

Así, advertiu de que Fernández-Tapias “se vai prestar facerlle publicidade a Feijóo”, o que implicará “un resultado nefasto” e “sempre en contra dos intereses da cidade”.

ÚLTIMAS

Hosteleiro libanés de Vigo expulsa un grupo de turistas israelís por mal comportamento no seu restaurante

Un hosteleiro libanés que rexenta un restaurante en Vigo expulsou a un grupo de...

Vigo anuncia que inicia os trámites para unha ordenanza sobre vivendas de uso turístico

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o Concello iniciou a tramitación dunha...

OPINIÓN.- Unha cidade para quen a fixo grande

O Partido Popular de Vigo vén de propoñer que a antiga estación de autobuses...

Stellantis fai a última porposta para pagar a prima variable cun novo marco regulador

A dirección de Stellantis Vigo trasladou este xoves a sindicatos a súa última proposta...