InicioPolíticaLópez Font, investigado por aplicar aos bombeiros de Vigo un decreto anulado...

López Font, investigado por aplicar aos bombeiros de Vigo un decreto anulado pola Xustiza, defende que actuou “dentro da legalidade”

O concelleiro asegura que tivo en conta "o interese da cidade e dos cidadáns". A CIG presentou unha denuncia penal pola suposta comisión dun delito contra os dereitos dos traballadores e outro de prevaricación administrativa.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O concelleiro do goberno municipal de Vigo, Carlos López Font, que ostentou no seu día o cargo de responsable da área de Seguridade no Concello, afirmou este venres que actuou “dentro da legalidade”, tras prestar declaración como investigado nun xulgado pola aplicación dun decreto (sobre a organización do servizo de bombeiros) que foi anulado polos tribunais.

En declaracións aos medios tras esa comparecencia, que se alongou unhas dúas horas, o edil e portavoz do grupo socialista no Concello, aseverou que compareceu “ante a xustiza” como é a súa “obriga”, pero matizou que o fixo no marco dunhas dilixencias previas, que se seguen o xulgado de instrución número 5 da cidade.

Estas dilixencias teñen a súa orixe nunha denuncia penal que interpuxo o sindicato CIG en relación con ese decreto, aprobado polo goberno local en febreiro de 2019. O decreto, entre outras medidas, suspendía os descansos dos bombeiros e impuña de facto a realización de horas extras e xornadas maratonianas, debido á falta de efectivos.

O xulgado do Contencioso Administrativo número 1 de Vigo anulouno, e a súa sentenza foi posteriormente ratificada polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG). Con todo, segundo denunciaron os sindicatos, o goberno local non fixo nada por liquidar a situación e, de feito, tiveron que solicitar a execución da resolución xudicial.

Nese contexto, a CIG presentou en agosto do ano pasado unha denuncia penal pola suposta comisión dun delito contra os dereitos dos traballadores e outro de prevaricación administrativa. Como resultado, este venres compareceron como investigados Carlos López Font e o xefe de servizo da área de Seguridade, Antonio V.M..

“CONVENCIDO DE QUE ACTUEI DENTRO DA LEGALIDADE”

“Estou convencido de que actuei dentro da legalidade”, afirmou o edil socialista á súa saída do xulgado, e confirmou que a denuncia interposta está relacionada con ese decreto, aínda que eludiu aclarar se, tras a anulación da dita orde, o goberno municipal tomou algunha medida para cumprir a sentenza.

Segundo Carlos López Font, na súa declaración no xulgado de instrución número 5 manifestou que “en todo momento” a súa actuación se axustou á lei, “e sobre todo ao interese da cidade, dos seus cidadáns, da súa integridade, tanto das súas vidas como das súas propiedades”.

ÚLTIMAS

Absolto o acusado de violar a unha moza durmida pola falta de consistencia da versión da denunciante

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, ditou sentenza na que...

Condenan a 2 anos de cárcere a unha americana que estafou máis de 158.000 dólares a unha firma viguesa de produtos do mar

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, acolleu este...

A xuíza acorda o arquivo da causa contra o detido na rúa Mestre Montes por agredir supostamente á súa nai cun garfio

A xuíza de instrución 2 de Vigo acordou o sobresemento e arquivo das actuacións...

Detidos dous homes na rúa Cánovas del Castillo por supostos roubos con forza no interior de 15 coches estacionados

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Vigo detiveron a dous homes como presuntos autores de...