Sánchez defende trasladar o Instituto de Oceanografía de Madrid a Vigo ou Cádiz

"Temos que abrir un debate sereno, leal e honesto para dar oportunidades a distintos territorios", avogou Sánchez, e lamentou que a presidenta da Comunidade de Madrid, Isabel Díaz Ayuso, o tome como un "ataque".

Expertos da Comisión Europea abordan a contaminación mariña nun encontro celebrado en Vigo. INSTITUTO ESPAÑOL DE OCEANOGRAFÍA

O presidente do Goberno, Pedro Sánchez, insistiu este luns en que se ten que abrir un debate sobre a descentralización para dar oportunidades a distintos territorios e mostrouse partidario, non só de que se instalen noutras Comunidades institucións de nova creación, senón tamén doutras xa existentes que “non ten moito sentido que estean en Madrid”.

Nunha entrevista na Cadea Ser, recollida por Europa Press, Sánchez puxo de exemplo o Instituto Español de Oceanografía como unha desas institucións que podería ter sentido sacar fóra de Madrid, en liña co que xa expuxo o presidente valenciano, Ximo Puig, quen propuxo que sería mellor situalo en cidades como Vigo ou Cádiz.

Temos que abrir un debate sereno, leal e honesto para dar oportunidades a distintos territorios“, avogou Sánchez, e lamentou que a presidenta da Comunidade de Madrid, Isabel Díaz Ayuso, o tome como un “ataque”.

Esta descentralización forma parte, segundo explicou, do interese do Goberno por profundar na diversidade territorial que propugna o Estado autonómico que defende o PSOE. “Non se pode fortalecer a democracia se non vai da man do recoñecemento da diversidade territorial”, asegurou Sánchez.

“Creo que o que temos que facer é profundar e perfeccionar o noso Estado autonómico porque ao final en España, tanto a profundización da democracia e a convivencia como a descentralización e a diversidade territorial han ido da man”, profundou.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here