O PSdeG acusa a Feijóo de non cuestionar o “agasallo de Aznar á concesionaria” da AP-9

En cambio, Arangüena lamenta que o titular do Goberno galego "limítase a criticar ao Goberno que rebaixa as peaxes de Galicia" con 60 millóns anuais.

O viceportavoz do Grupo Socialista, Pablo Arangüena, reprocha que a ampliación da concesión da AP-9 ata 2048, pola que Bruxelas expedienta a España, “é un agasallo de 25 anos de Aznar á concesionaria que Feijóo nunca cuestionou”.

Así, expón que a concesión “pode ser declarada ilegal”, pero “nunca foi cuestionada por Feijóo, que agora se limita a criticar ao Goberno que rebaixa as peaxes de Galicia”.

En cambio, Arangüena lamenta que o titular do Goberno galego “limítase a criticar ao Goberno que rebaixa as peaxes de Galicia” con 60 millóns anuais. “Puido telo feito Rajoy durante o seu sete anos de Goberno e nin se lle ocorreu, nin o propio Feijóo pediullo nunca”.

O deputado socialista remarca que aquela ampliación agora cuestionada converteu á AP-9 na autoestrada cun prazo de concesión máis longo, mentres. Por iso, mentres as infraestruturas construídas ao mesmo tempo xa esgotaron os prazos ou ben están a piques de finalizalos, Galicia terá que soportalos durante outros 25 anos “por obra e graza de Aznar cando Feijóo era alto cargo designado polo seu goberno”.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here