InicioPolíticaAbel Caballero carga contra a Xunta polas decisións sobre a hostalaría e...

Abel Caballero carga contra a Xunta polas decisións sobre a hostalaría e a vacinación

O alcalde de Vigo afirma que "as decisións contra a hostalaría" non contribúen a "diminuír os contaxios". Solicita que se habiliten "cinco ou seis" puntos máis de vacinación na cidade.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cuestionou este xoves as medidas restritivas que a Xunta estableceu no sector hostaleiro para controlar a pandemia de Covid, e advertiu de que “as decisións contra a hostalaría” non contribúen a “diminuír os contaxios”, xa que estes se producen maioritariamente noutros ámbitos, defendeu.

Caballero advertiu de que “non é bo botarlle a culpa a quen non ten a culpa, porque iso produce penuria económica”, e na que aseverou que, polo menos na cidade de Vigo, a “inmensa maioría” do sector e a súa clientela cumpren as normas de prevención sanitaria.

Segundo incidiu Caballero, os contaxios prodúcense en reunións privadas, botellóns, e outros encontros nos que non se utiliza máscara nin se respecta a distancia social de seguridade. “Por iso non se entende culpar á hostalaría, non é unha boa decisión”, apostilou e insistiu en que “atacar” a este sector “non significa reducir os contaxios”.

O rexedor subliñou que “lle empeza a ir un pouquiño ben” á hostalaría viguesa, grazas aos bos datos de afluencia turística, por iso debe centrarse o foco en vixiar os ámbitos “onde non se cumpren as normas, que son fóra da hostalaría” e en acelerar a vacinación.

ATENCIÓN PRIMARA E VACINACIÓN

Caballero tamén denunciou este xoves que a Atención Primaria na cidade está “practicamente inoperativa” pola falta de persoal, á vez que volveu criticar o sistema de vacinación da Xunta, cun único punto na área sanitaria para administrar as doses.

Criticou que a Xunta “non é capaz” de dotar de máis persoal este servizo, cuxos profesionais están “exhaustos”, o que fai que a Atención Primaria na cidade estea en plena “crise”.

Por outra banda, volveu a arremeter contra o sistema de vacinación na área sanitaria, cun único punto de administración de dose, no Instituto Feiral de Vigo, e tachou de “mentireiro” ao conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, por aducir cuestións “do sistema técnico” para manter ese único punto de vacinación.

Respecto diso, puxo o exemplo doutras zonas, como a zona do norte de Portugal, onde hai puntos de vacinación en municipios como Valença, Melgaço, Caminha, Monçao ou Vilanova de Cerveira. Na cidade lusa de Porto, sinalou, “hai máis de dez” lugares aos que os veciños poden acudir para recibir a súa dose.

“Xa está ben de maltratar á xente de Vigo, non é certo que non se poida vacinar en sitios pequenos”, proclamou Abel Caballero, quen solicitou que se habiliten “cinco ou seis” puntos máis de vacinación na cidade, e que tamén se administren doses noutros concellos da comarca, como Cangas, Moaña, Baiona, Tui, Ponteareas, A Guarda, etc.

ÚLTIMAS

O persoal de Urxencias do Álvaro Cunqueiro convoca paros diarios polo colapso do servizo

Persoal de Urxencias do hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo anunciou paros diarios de 15...

Caballero esixe á Xunta que resposte á proposta para financiar Balaídos e optar ao Mundial 2030

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, demandou á Xunta que resposte á súa proposta...

Investigan a un octoxenario de Baiona por disparar contra unha vaca e ferir ao seu propietario

A Garda Civil investiga a un veciño de Baiona, de 81 anos de idade,...

O BNG denuncia “colapso sanitario” en Vigo e esixe reforzar a PAC de Pizarro e crear dous novos en Navia e Teis

O BNG de Vigo esixiu un reforzo para o punto de atención continuada (PAC)...