InicioPolíticaA alcaldesa do Porriño cre que hai "unha armazón dirixida por unha...

A alcaldesa do Porriño cre que hai “unha armazón dirixida por unha instancia política” na denuncia da Fiscalía

Eva García de la Torre cuestionou "ata cando se vai seguir investigando unha causa xeral contra a alcaldesa do Porriño, seguindo unha estratexia de realizar oposición política, para ver se cometeu un delito"

PUBLICADO O

- Advertisement -

A alcaldesa do Porriño, a socialista Eva García de la Torre, vinculou a denuncia da Fiscalía sobre novos presuntos delitos de prevaricación continuada e malversación de caudais públicos a unha “armazón” dirixida “por unha instancia política á que segue fielmente a instancia xudicial”.

“Parece que lle dá cobertura a unha estratexia de oposición política que, desde logo, non ten cabida no ámbito xudicial”, así se pronunciou a rexedora, que remarcou que a denuncia do Ministerio Público “deriva dunhas denuncias do Partido Popular”.

Nesta liña, cuestionou “ata cando se vai seguir investigando unha causa xeral contra a alcaldesa do Porriño, seguindo unha estratexia de realizar oposición política, para ver se cometeu un delito”. “Está a tentarse investigar se houbo malversación ou se está tentando darlle cobertura xurídica a unha estratexia política?“, preguntou.

García da Torre indicou que a denuncia da Fiscalía parte dunhas dilixencias emitidas por un xulgado contencioso-administrativo “a través dunha denuncia dun particular que lle reclamaba ao Concello o pago dunhas facturas”.

“O Concello negouse a realizar ese pago e o xulgado deu a razón ao Concello do Porriño porque non se comprobou nin se puido probar que os servizos que a empresa reclamaba realizáronse ou se prestaron efectivamente”, explicou.

A pesar diso, continuou, “dedúcese testemuño desa contratación ante o Tribunal de Contas e ante a Fiscalía por esas facturas”. “Gustaríame que tanto o Xulgado do Contencioso como a Fiscalía explicasen exactamente que delito cometín cando rexeitei pagar facturas por servizos que as empresas non demostraron que realizasen”, remarcou.

Seica sabe a Fiscalía como funciona un Concello?, como é unha licitación pública dun servizo? De verdade seguimos investigando á alcaldesa do Porriño porque un partido político, o Partido Popular, decidiu tentar derrubala, a través da denuncia ante os xulgados?”, cuestionou.

DENUNCIA DE FISCALÍA

A Fiscalía denunciou novos presuntos delitos de prevaricación continuada e malversación de caudais públicos por parte da alcaldesa do Porriño, un concelleiro e unha empresa, en relación á contratación do servizo de limpeza viaria entre maio e novembro de 2018.

O escrito do Ministerio Público refírese en concreto a 13 facturas por limpeza viaria, cuxo servizo supostamente foi “contratado de forma irregular, sen previo procedemento administrativo, de maneira verbal, con previa consignación orzamentaria, reserva de crédito, sen previa licitación mediante procedemento escrito”.

Esta denuncia xorde tras o testemuño particular remitido polo Xulgado Contencioso-Administrativo número 1 de Pontevedra para que o Tribunal de Contas e a xurisdición penal investigasen as prácticas polas que o Concello do Porriño presuntamente “durante un período prolongado de tempo actuou ou está a actuar á marxe do Dereito na materia de contratación”.

ÚLTIMAS

Falece Seve, figura esencial da cultura popular e musical do Porriño e comarca

A comarca do Condado e da Louriña amenceu hoxe envolta nunha fonda tristura tras...

Un home de 67 anos, ferido grave tras ser atropelado por un bus urbano

Un home, M.Z.A. de 67 anos de idade, resultou ferido grave na tarde deste...

O PP de Vigo critica que Samil continúe sen Bandeira Azul mentres Caballero asegura que a recuperará no extremo norte

O grupo municipal do PP de Vigo lamentou este venres que a emblemática praia...

A Universidade de Vigo crea unha cátedra con BorgWarner para reforzar a formación tecnolóxica e a captación de talento

A Universidade de Vigo e a empresa BorgWarner Emissions Systems Spain formalizaron este venres...