InicioPolíticaPresión da Xunta ao Concello de Vigo para que acepte o convenio...

Presión da Xunta ao Concello de Vigo para que acepte o convenio de prevención de inundacións no río Lagares

O executivo galego dálle ao Concello de Vigo o prazo máximo dun mes para mostrar a súa conformidade co acordo proposto para investir 6,8 millóns de euros no proxecto de prevención.

PUBLICADO O

A Xunta solicitou ao Concello de Vigo que, no prazo máximo dun mes, traslade a súa conformidade co acordo proposto para investir 6,8 millóns de euros autonómicos na prevención do risco de inundacións do río Lagares.

Nun escrito remitido ao alcalde da cidade, Abel Caballero, a conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, urxe a que dea unha resposta municipal a esta proposta de colaboración remitida o pasado 3 de novembro, segundo informa a Xunta nun comunicado.

Na súa carta, Vázquez lembra ao rexedor que a contorna do Lagares é unha das zonas pluviais de Galicia “con maior risco de inundacións” e que, para facerlle fronte a esta situación e paliar as súas consecuencias, a Xunta elaborou un “plan específico”.

O plan, explica a Administración autonómica, contén un programa de actuacións para “minimizar” este risco que inclúe fondos económicos, pero que “só” poden executarse se o Concello acepta esta colaboración.

Entre outras actuacións, o proxecto –elaborado pola Xunta en colaboración con técnicos municipais e Protección Civil de Vigo– contén obras como o investimento de 1,6 millóns en ampliar a canle do río ao seu paso polo polígono de Caramuxo, entre outras.

Ethel Vázquez afirma que as inundacións son “recorrentes” na cidade e que eses episodios afectan non só ao territorio, senón tamén á actividade económica e mesmo “á seguridade das persoas”. Por iso, a conselleira considera “un deber imprescindible” facer todo o posible para evitalo.

ÚLTIMAS

Asistidas un pai e a súa filla en Vigo tras producirse un incendio na súa vivenda

Dúas persoas, un pai e unha filla, necesitaron asistencia en Vigo este xoves tras producirse...

Emilio Sotelino ou a Asociación de Viúvas Demócratas entre os Vigueses Distinguidos 2024

O pleno de Vigo aprobou este luns por unanimidade nunha sesión extraordinaria os novos Vigueses...

O goberno de Vigo aproba o marco orzamentario ata 2027 e prevé investimentos por valor de 33 millóns cada ano

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o goberno local aprobou o marco...

Pechados parques e espazos arbóreos da cidade de Vigo debido ao temporal

O Concello de Vigo restrinxiu por seguridade o acceso aos parques e espazos arbóreos...