InicioPolíticaMorre Xosé Manuel Pazos, alcalde de Cangas

Morre Xosé Manuel Pazos, alcalde de Cangas

Faleceu este luns aos 63 anos de idade no Hospital Álvaro Cunqueiro. Levaba tempo loitando contra un cancro de pulmón.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Cangas do Morrazo, Xosé Manuel Pazos, faleceu este luns aos 63 anos de idade no Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo, onde ingresou tras atoparse indisposto, confirmaron fontes próximas ao rexedor.

Pazos, membro da Coordinadora Nacional de Esquerda Unida, era alcalde de Cangas desde 2015, encabezando a coalición Alternativa Canguesa de Esquerdas (ACE), que goberna este concello co PSOE.

Mestre de profesión, foi tamén actor, director e autor teatral. No ámbito político, exerceu como concelleiro de Cangas por Esquerda Unida entre 1995 e 1997, e por Alternativa Canguesa de Esquerdas entre 2007 e 2009 e, en 2015, foi investido alcalde desta localidade. Ademais, entre 1997 e 2001, foi deputado por Esquerda de Galicia (Grupo Mixto) no Parlamento galego.

Xosé Manuel Pazos levaba tempo loitando contra un cancro de pulmón e, de feito, abandonou momentaneamente a alcaldía en outubro de 2018 para ser intervido cirurxicamente e poder recuperarse. Pouco máis dun mes despois reincorporouse á súa responsabilidade como rexedor, que mantivo ata este luns.

ÚLTIMAS

Volven prender lume en Chandebrito oito anos despois da traxedia na que morreron dúas persoas

Un lume forestal que comezou onte á noite en Chandebrito (Nigrán) queimou 0,73 hectáreas...

Caballero, contra as peaxes na A-52 e A-55: “As construtoras que se dediquen a contruír”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, arremeteu este venres contra a proposta da patronal...

Abel Caballero tacha de “bobada” a proposta do PP para o centro de asociacións

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, negou este venres que poña problemas á Xunta...

A praia a Calzoa, a difícil convivencia entre liberdade canina e respecto pola natureza

Celebridades como o exfutbolista Vlado Gudelj e o músico Abraham Cupeiro participan na campaña...