Abel Caballero pide aos Reis Magos o fin da pandemia

O alcalde de Vigo asegura que o desenvolvemento da cidade "vai a velocidade de lóstrego".

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, visita aos Reis Magos / Concello de Vigo.

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, desvelou que este ano pediu aos Reis Magos de Oriente o “fin” da pandemia da COVID-19.

Preguntado tras visitar a cabalgata ‘estática’ instalada en Vigo e saudar ás súas ‘maxestades’ de Oriente, o rexedor mostrou a súa esperanza de que finalice a crise sanitaria do coronavirus.

Así mesmo, Caballero indicou que aspira a que o desenvolvemento da urbe “continúe” na mesma liña que ata o momento, xa que, ao seu xuízo, “vai a velocidade de lóstrego”.

No persoal, sinalou que as súas preferencias pasan por recibir unha gravata ou unha bufanda, coas que se mostrou convencido de que será obsequiado por Melchor, Gaspar e Baltasar.