InicioPolíticaO PP pide a intervención de Vitrasa para garantir a limitación da...

O PP pide a intervención de Vitrasa para garantir a limitación da capacidade

Solicita que "se nomee un interventor, un funcionario público, que dirixa a xestión da empresa mentres duren as restricións e impoña maiores frecuencias".

PUBLICADO O

O portavoz do Grupo Municipal do PP en Vigo, Alfonso Marnotes, instou ao goberno local a intervir a concesionaria do servizo de transporte público da cidade, Vitrasa, de modo temporal ante a “imposibilidade” desta para garantir o cumprimento da limitación da capacidade dos autobuses urbanos establecida pola pandemia.

O concelleiro ‘popular’ demandou que, tal como permite a Lei de Contratos do Sector Público, “se nomee un interventor, un funcionario público, que dirixa a xestión da empresa mentres duren as restricións e impoña maiores frecuencias” ao considerar que “se incumpre gravemente o funcionamento do servizo”, o que “constitúe un risco”.

Así, insistiu na necesidade dunha intervención temporal debido a que Vitrasa “non reforza as liñas” de transporte público e a que o alcalde, Abel Caballero, “non fai nada” e “minimiza o risco de contaxios nos autobuses”.

O portavoz remarcou que “a situación xa era grave” antes do establecemento de novas restricións no transporte colectivo, que “non se están cumprindo”.

Por iso, lembrou que solicitou ao Concello de Vigo que facilitase e fixese públicos “os datos de capacidade dos autobuses de Vitrasa”, así como que “sancionase a empresa e explicase que sucede cos informes da Policía Local” elaborados. “E como era de esperar, nada se fixo”, lamentou.

Así as cousas, chamou ao alcalde a “non pór como escusa que non hai denuncias”, que “os viaxeiros realizan fotografías trucadas” ou que “a capacidade se cumpre”. “Xa está ben. Porque enriba temos que soportar cinco anos máis de prórroga a Vitrasa cun servizo deficitario”, reprobou Alfonso Marnotes.

ÚLTIMAS

Gonzalo Caballero proposto polo PSOE de Vigo como candidato galego ás europeas

A asemblea do Partido Socialista de Vigo propuxo ao que fora secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero,...

Claudio Giráldez renova como adestrador do Celta ata xuño de 2025

O adestrador galego Claudio Giráldez renovou este xoves o seu contrato como técnico do RC...

Vigo supera de novo os 300.000 habitantes, “de longo a maior cidade de Galicia”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a cidade volveu a superar os 300.000 habitantes...

Case nove de cada dez usuarios da Asociación Érguete en Vigo comezou a consumir drogas antes dos 18 anos

Preto do 88% dos usuarios da Asociación Érguete en Vigo comezou a consumir drogas antes...