InicioPolíticaAbel Caballero sobre o apoio de Bildu ao PGE: "Se vota co...

Abel Caballero sobre o apoio de Bildu ao PGE: “Se vota co PP é bo, e co Goberno é malo”

O alcalde de Vigo sinalou que lle agrada "moito" que Arrimadas "manteña o seu apoio" aos Orzamentos e sinalou que "é unha magnífica forma de facer país".

PUBLICADO O

O alcalde de Vigo e presidente da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), Abel Caballero, cuestionou este venres as críticas ao Goberno central polo apoio de Bildu aos Orzamentos Xerais do Estado (PGE), e censurou que se considere “bo” se o apoio é ao PP e “malo” se é ao Executivo de Pedro Sánchez.

Nunha rolda de prensa, e preguntado polos medios acerca dese apoio de Bildu ás contas de 2021, o rexedor olívico eludiu pronunciarse sobre o fondo da cuestión, pero si sinalou que lle sorprende que “cando Bildu vota co PP é bo, e se vota co Goberno é malo”. “Se é malo, é malo para todos, e cando vota co PP, entón tamén é malo”, engadiu.

Por outra banda, si quixo situarse sobre a man tendida de Inés Arrimadas (Ciudadanos) ao Goberno para aprobar o PGE. A ese respecto, sinalou que lle agrada “moito” que Arrimadas “manteña o seu apoio” aos Orzamentos e sinalou que “é unha magnífica forma de facer país”.

ÚLTIMAS

Gonzalo Caballero proposto polo PSOE de Vigo como candidato galego ás europeas

A asemblea do Partido Socialista de Vigo propuxo ao que fora secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero,...

Stellantis Vigo espera que o Perte se resolva “a final de mes”

O director da planta viguesa do grupo automobilístico Stellantis, Ignacio Bueno, ve "difícil" superar...

Claudio Giráldez renova como adestrador do Celta ata xuño de 2025

O adestrador galego Claudio Giráldez renovou este xoves o seu contrato como técnico do RC...

Atraso de 40 minutos na liña A Coruña-Vigo por un conato de incendio nun coche do tren

Un conato de incendio declarado entre dous coches dun tren que cobre a liña...