InicioPolíticaAbel Caballero mostra o seu "respecto" ao comité de persoal, pero di...

Abel Caballero mostra o seu “respecto” ao comité de persoal, pero di descoñecer o que expoñen

Avanza que o goberno "toma nota" da ilegalidade dos servizos mínimos en bombeiros, pero afirma que a folga "xa pasou".

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, mostrou este mércores o seu “respecto” ao comité de persoal, que se concentrou ante o consistorio para denunciar a “caótica” xestión dos recursos humanos no Concello, aínda que precisou que non coñece cales son as súas formulacións.

Así o trasladou nunha rolda de prensa, e a preguntas dos medios sobre as denuncias de todos os sindicatos con representación no comité, e a súa petición de que a concelleira de Persoal, Elena Espinosa, sexa cesada.

O rexedor afirmou que respecta “todas as concentracións” e accións do comité, pero engadiu: “Non sei o que expoñen. Cando o saiba, alguén opinará (…) Respecto do que expoñen, cando o saibamos, veremos o que facemos”.

O comité de persoal denunciou este mércores a “incapacidade” de Espinosa para xestionar a área de Persoal, onde faltan medios económicos e humanos, non se cumpren as sentenzas, non se executan as ofertas de emprego, e outras irregularidades esgrimidas polos sindicatos.

CONFLITO DE BOMBEIROS

Por outra banda, cuestionado sobre a sentenza que ratifica que os servizos mínimos impostos con motivo da folga de bombeiros da cidade son ilegais, Abel Caballero afirmou que o goberno local “toma nota”.

O rexedor non quixo, no entanto, pronunciarse sobre o conflito neste servizo, en folga desde agosto de 2019 por falta de persoal e con varias sentenzas xudiciais que dan a razón aos traballadores. Ao ser preguntado sobre se o goberno sentará a negociar cos bombeiros, o alcalde aseverou que as negociacións xa se levan a cabo “no modo habitual” e mesmo afirmou que a folga no servizo “xa pasou, acabouse, hai moitos anos”.

ÚLTIMAS

Volven prender lume en Chandebrito oito anos despois da traxedia na que morreron dúas persoas

Un lume forestal que comezou onte á noite en Chandebrito (Nigrán) queimou 0,73 hectáreas...

Caballero, contra as peaxes na A-52 e A-55: “As construtoras que se dediquen a contruír”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, arremeteu este venres contra a proposta da patronal...

Abel Caballero tacha de “bobada” a proposta do PP para o centro de asociacións

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, negou este venres que poña problemas á Xunta...

A praia a Calzoa, a difícil convivencia entre liberdade canina e respecto pola natureza

Celebridades como o exfutbolista Vlado Gudelj e o músico Abraham Cupeiro participan na campaña...