BNG cualifica de “frívolo” que “a preocupación” do alcalde de Vigo sexa o Nadal e non a pandemia

O portavoz do BNG en Vigo, Xabier P. Igrexas, volveu a instar o goberno local a convocar ás forzas políticas da corporación municipal a unha reunión para abordar a situación e propor medidas que permitan despregar un plan de continxencia.

Xabier Pérez Igrexas, concelleiro do BNG no Concello de Vigo.. PAULA XUSTO-EUROPA PRESS

O portavoz do BNG en Vigo, Xabier P. Igrexas, tachou de “frívolo e irresponsable” que “a única precupación” do alcalde de Vigo, Abel Caballero, sexa a programación do Nadal en lugar da evolución da curva de contagios por COVID-19 na segunda onda da pandemia.

Así se pronunciou o concelleiro do BNG en declaracións remitidas aos medios despois de que Abel Caballero anunciase este venres que se mantén a campaña do Nadal na cidade e avanzase algunhas das medidas que se adoptarán durante a mesma.

A este respecto, Xabier P. Igrexas criticou que “a preocupación de Caballero sexan as carrozas da Cabalgata e non os autobuses cheos ata a bandeira, que non permiten gardar a máis mínima distancia interpersoal para desprazarse con seguridade”.

Aínda que sinalou que pode entender a importancia que o goberno local “quere dar ao Nadal como evento de cidade”, insistiu en que o que “debería preocupar a Abel Caballero” non é o desenvolvemento deste evento, senón centrarse “na evolución da curva de contagios”.

Nesta liña, o edil do Bloque remarcou que o problema non reside en que a Xunta se equivoque “por mala intención ou por impericia” na asignación da cor de Vigo no mapa de niveis de alerta, senón que en dez días incrementouse en 200 o número de casos activos na zona.

Así as cousas, volveu a instar o goberno local a convocar ás forzas políticas da corporación municipal a unha reunión para abordar a situación e propor medidas que permitan despregar un plan de continxencia.