InicioPolíticaO PP presenta a iniciativa 'Estamos por Vigo', para dar voz aos...

O PP presenta a iniciativa ‘Estamos por Vigo’, para dar voz aos veciños “cansos de estar en silencio”

O grupo municipal do PP está a contactar con colectivos veciñais que denuncian problemas nos seus barrios.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O grupo municipal do PP no Concello de Vigo presentou este xoves a iniciativa ‘Estamos por Vigo’, un proxecto para dar voz aos colectivos veciñais que denuncian problemas nos seus barrios e demandan melloras á administración, “cansos de estar en silencio, amordazados e ameazados”.

Así o trasladou o portavoz do grupo, Alfonso Marnotes, que apuntou que o PP retomou os contactos con veciños e as visitas a barrios e parroquias tras o fin do estado de alarma. “Estamos a atoparnos con que son moitos os veciños que teñen inquietudes e problemas”, sinalou, e recalcou que os edís do PP queren ser o “altofalante” deses veciños.

A iniciativa ‘Estamos por Vigo’ baséase en catro eixos: ‘Vigo a monte’, que denuncia a falta de mantemento nas rúas, parques “abandonados”, zonas sen limpar, etc.; ‘Emblemas de Vigo’, que fai fincapé no abandono de zonas singulares como o Paseo de Alfonso e Praza de España, ou a “desfeita” da Gran Vía; ‘Vigo en precario’, sobre as políticas municipais relativas a impostos, falta de axudas a sectores como o comercio, a prórroga de concesións, etc.; e ‘Plan Xeral’, que se centra na tramitación do novo plan, feita “en segredo e coa xente confinada”, nas dúbidas urbanísticas dos veciños, e outras incertezas.

Segundo Marnotes, o resultado destes catro eixos son “propostas de mellora”, e lembrou que, tras as denuncias públicas do PP, o Concello actuou “ao día seguinte”.

ÚLTIMAS

Axentes e funcionarios denuncian as condicións “extremas” de calor na Comisaría de Vigo

Medio centenar de axentes e funcionarios da Comisaría de Vigo-Redondela, convocados polos sindicatos policiais...

Detido en Vigo por unha agresión á súa parella

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un home de 47 anos de...

Confirmados 4 anos de cárcere para un home que extorsionou a unha muller

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a sentenza da sección quinta...

OPINIÓN.- Riscos ambientais e patrimonio local na Barroca de Navia

As ondas de calor soportadas no mes de xuño mostran con claridade a anomalía...