InicioPolíticaMarea de Vigo reclama que o concello invista o superávit liberado en...

Marea de Vigo reclama que o concello invista o superávit liberado en mobilidade sustentable e conservación

PUBLICADO O

O grupo municipal Marea de Vigo reclamou este mércores que os fondos que obteña o Concello da liberación de superávit sexan investidos en mobilidade sustentable e conservación da biodiversidade, “máis aló de humanizacións e da axenda política de Abel Caballero”.

Así o trasladou o portavoz do grupo, Rubén Pérez, quen lembrou que, no acordo asinado inicialmente entre o Goberno de España e a Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), que preside o rexedor olívico, xa se contemplaba a priorización da mobilidade sustentable, a axenda urbana e a protección do medio ambiente.

Por iso, Marea de Vigo defendeu que se fagan investimentos neses ámbitos, porque é “perfectamente posible encaixalas no orzamento municipal”, e reclamou, así mesmo, que se volva a pór sobre a mesa o debate da área metropolitana e a aposta por mancomunar servizos para actuacións, por exemplo, as desinfeccións.

Con respecto aos investimentos, este grupo municipal propuxo que se poñan en marcha dous plans, segundo explicou a concelleira Oriana Méndez. Así, solicitaron a aprobación dun plan para a redución de emisións contaminantes, que inclúa a ampliación e mellora do transporte público, que se avance cara á municipalización de servizos concesionados, construción de aparcadoiros disuasorios, peonalizacións “planificadas e permanentes”, carrís-bici “seguros” ou a peonalización de Porta do Sol “sen túnel”.

Marea tamén reclamou que se poña en marcha un plan de conservación da biodiversidade, cun aumento de espazos verdes peonís, un plan de protección do patrimonio natural e histórico do Castro, un corredor verde ampliado na Senda do Lagares, medidas para rexenerar o litoral, actualización do protocolo para episodios de mala calidade do aire, ou o cumprimento da Declaración de Emerxencia Climática aprobada no Pleno.

ÚLTIMAS

Multa de 98.500 euros á Comunidade de Montes de Cabral por danos no hábitat

A Dirección Xeral de Patrimonio Natural multou con 98.500 euros á Comunidade de Montes...

Acepta tres anos de cárcere por violar a unha coñecida tras atoparse nunha discoteca de Vigo

Un home acusado de violar a unha coñecida tras atoparse nunha discoteca de Vigo...

URAX Space galardoada nos Premios Emprende XXI como a empresa start-up con maior potencial de Galicia

A 'start-up' (empresa emerxente) UARX Space foi recoñecida nos Premios Emprende XXI como a...

As Anpas de Vigo piden máis limpeza en colexios e o Concello acusa ao BNG de estar detrás das protestas

A Federación Olívica de Asociacións de Pais e Nais de centros escolares de Vigo...