InicioPolíticaMarea de Vigo pide ao goberno local que mostre solidariedade cos refuxiados...

Marea de Vigo pide ao goberno local que mostre solidariedade cos refuxiados de Moria

O grupo político propuxo que o consistorio olívico que se ofreza a dar cabida a "unha porcentaxe xusta de persoas refuxiadas".

PUBLICADO O

O grupo municipal Marea de Vigo fixo un chamamento este luns ao goberno local para que mostre o seu “compromiso real” cos refuxiados tras o incendio no campamento de Moria e tome decisións para apoiar ás persoas vulnerables afectadas por esa traxedia.

A través dun comunicado, Marea de Vigo lembrou que o pleno do Concello aprobou en xaneiro unha moción de apoio á Rede Galega en Apoio ás Persoas Refuxiadas o que, “a efectos prácticos, convertía a Vigo nunha cidade refuxio que debía facilitar o empadroamento a persoas refuxiadas” que chegasen ao municipio, así como outros servizos.

Así mesmo, este grupo municipal recalcou que a Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), que preside o alcalde, Abel Caballero, aprobou unha declaración institucional para que os concellos teñan recursos para a acollida e integración social deste colectivo vulnerable.

“Nestes momentos, e sen demora, o Concello ten a ocasión de mostrar o seu compromiso real e de pór en valor a presidencia de Caballero na FEMP, declarando Vigo como cidade refuxio”, sinalou Marea.

Por iso, o grupo propuxo que o consistorio olívico contacte coa Rede Galega de Apoio ás Persoas Refuxiadas para coñecer as súas necesidades e demandas; que se ofreza a dar cabida a “unha porcentaxe xusta de persoas refuxiadas”; e que contribúa a “protexer ás familias e, moi especialmente, aos menores que necesiten desesperadamente refuxio e seguridade, executando un programa que, de modo planificado, dea acollida, atención e orientación” a esas persoas.

ÚLTIMAS

Encontrado o cadáver dunha muller dentro dun coche aparcado nun parking de Samil

O cadáver dunha muller foi achado dentro dun coche que estaba aparcado nun parking...

Decretan prisión para o recluso da Lama investigado pola morte da muller que apareceu no Porriño

A maxistrada do Xulgado de Instrución número 3 do Porriño decretou prisión provisional, comunicada...

Sae o vehículo número 16 millóns de Stellantis, un Fiat E-Dobló 100% eléctrico

Stellantis Vigo produciu este martes o seu vehículo número 16 millóns desde que a...

Expertos analizan no Porriño o “difícil” camiño das vacinas pendentes

A Asociación Nacional de Informadores da Saúde (ANIS), en colaboración con Zendal, organizaron no...