InicioPolíticaO Pleno insta á Xunta a que amplíe os colexios e pagar...

O Pleno insta á Xunta a que amplíe os colexios e pagar a desinfección para unha volta segura ás aulas

A concelleira de Marea, Oriana Méndez, lamentou que o goberno de Feijóo "non asume as súas responsabilidades" e pediu que o Concello "sexa bandeira en defensa da educación pública", e que reactive o Consello Escolar Municipal.

PUBLICADO O

O Pleno do Concello de Vigo aprobou este mércores varias mocións nas que se insta á Xunta de Galicia a asumir a desinfección dos colexios, a facilitar espazos nos centros educativos, e a achegar os recursos que sexan necesarios para garantir unha volta segura ás aulas, en plena pandemia de coronavirus.

Así, aprobouse unha moción presentada por Marea de Vigo, cos votos favorables de todos os corporativos, excepto o catro do PP, que se abstiveron, para reclamar un inicio de curso “seguro”. A concelleira de Marea, Oriana Méndez, lamentou que o goberno de Feijóo “non asume as súas responsabilidades” e pediu que o Concello “sexa bandeira en defensa da educación pública”, e que reactive o Consello Escolar Municipal.

Pola súa banda, o edil de Educación, Gorka Gómez, defendeu o esforzo feito polo goberno local para que os centros conten con espazos adicionais para os recreos, así como o apoio aos estudantes, con computadores e conexión a internet, durante o confinamento.

Mentres, criticou, a Consellería que ten “as competencias exclusivas en Educación” nin sequera achegou recursos para que os colexios poidan reordenar os seus espazos, sinalar os itinerarios, ou dispor de xeles hidroalcohólicos e máscaras. “Onde está o diñeiro do fondo COVID de Educación que achega o Goberno central?”, preguntou.

O concelleiro do BNG, Xabier Pérez Igrexas tamén censurou a posición da administración galega, que “desviou as súas responsabilidades” cara aos centros e cara ás asociacións de pais e nais, e advertiu de que “non se dan as condicións para un inicio seguro do curso”

Finalmente, a concelleira do PP, Patricia López Román, criticou a “ausencia” do Ministerio de Educación na preparación da volta aos colexios, e reprochou ao goberno local que non convocase o Consello Escolar Municipal.

OUTROS ACORDOS

O Pleno de Vigo tamén deu luz verde a unha moción do grupo socialista instando á Xunta a utilizar os recursos asignados do Fondo COVID do Goberno de España para educación, unha iniciativa que tamén contou co apoio de todos os grupos, excepto o PP (que se abstivo).

Así mesmo, cos mesmos votos, foi aprobada outra moción do PSOE para instar o goberno galego a asumir o custo da desinfección de colexios que, na cidade de Vigo, ascende a 616.000 euros; así como unha moción para instar á Xunta a “establecer unha mesa de diálogo coa Federación Olívica de Anpas” e dotala dos recursos necesarios para que poidan xestionar o servizo de comedor.

Finalmente, o Pleno aprobou outra iniciativa do grupo de goberno municipal para pedir á Xunta que acometa “as reformas necesarias para a ampliación de espazos nos centros educativos, que garantan a distancia interpersoal, o desdobramento de aulas e a seguridade”.

ÚLTIMAS

Asistidas un pai e a súa filla en Vigo tras producirse un incendio na súa vivenda

Dúas persoas, un pai e unha filla, necesitaron asistencia en Vigo este xoves tras producirse...

Emilio Sotelino ou a Asociación de Viúvas Demócratas entre os Vigueses Distinguidos 2024

O pleno de Vigo aprobou este luns por unanimidade nunha sesión extraordinaria os novos Vigueses...

O goberno de Vigo aproba o marco orzamentario ata 2027 e prevé investimentos por valor de 33 millóns cada ano

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o goberno local aprobou o marco...

Pechados parques e espazos arbóreos da cidade de Vigo debido ao temporal

O Concello de Vigo restrinxiu por seguridade o acceso aos parques e espazos arbóreos...