Caballero apoia a prohibición de fumar se non hai distancia e adianta que a ampliará ás praias

"Paréceme conveniente a formulación de Feijóo", destacou o rexedor.

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, comparece en rolda de prensa. CONCELLO DE VIGO

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, apoiou este xoves a prohibición de fumar en terrazas de locais ou na rúa cando non se pode manter a distancia de seguridade para evitar a propagación do coronavirus, e subliñou que recomendará á cidade que siga esa indicación. Así o trasladou nunha rolda de prensa, a preguntas dos medios sobre esa restrición, anunciada nas últimas horas polo presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e que entrou en vigor este xoves.

“Hai que ser moi prudentes, paréceme conveniente a formulación de Feijóo. Estamos en rebrotes e hai que tomar medidas de protección”, sinalou o rexedor olívico, quen coincidiu co presidente galego ao sinalar que “os técnicos din que o fume do tabaco pode conter virus”. Respecto diso, Caballero tamén lembrou que o Concello de Vigo está a preparar a súa ordenanza para regular a prohibición de fumar nalgunhas praias de Vigo, e avanzou que, mentres dure a pandemia de COVID e tras as indicacións da Xunta, as restricións afectarán a todos os areais.

SANTIAGO ADVIRTE DA FALTA DE RECURSOS

A Concelleira de Acción Cultural do Concello de Santiago, Mercedes Rosón, considerou que a decisión da Xunta de permitir fumar en lugares públicos unicamente se se pode garantir a distancia de dous metros é “sensata”, pero manifestou que os municipios contan con “moi poucos recursos” para controlar o cumprimento das normas.

Rosón respondeu así a unha pregunta sobre esta medida, que entrou en vigor este xoves, nunha rolda de prensa. “Feijóo o único que fai é pór deberes ao Estado e ao Concello“, criticou epediulle ao presidente da Xunta que se enfronte “a todas as responsabilidades e competencias en materia sanitaria, educativa e de xestión da comunidade”.

Temos –os concellos– moitas cousas encima e moi poucos recursos. El ten moitos recursos e case todas as competencias. O que ten que facer de forma urxente é enfrontarse a elas. Dá a sensación de que estas medidas con moita repercusión mediática están a ser utilizadas para tapar o verdadeiramente importante”, acusou.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here