InicioPolíticaAbel Caballero felicita a Feijóo polo resultado, pero sinala o "práctico empate"...

Abel Caballero felicita a Feijóo polo resultado, pero sinala o “práctico empate” do PSdeG co PPdeG en Vigo

PUBLICADO O

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, felicitou ao candidato do PPdeG á Presidencia da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, polos resultados obtidos nas eleccións autonómicas deste domingo –revalidou a súa maioría absoluta con 41 escanos–, aínda que destacou que o PSdeG “practicamente empatou” co partido liderado polo candidato ‘popular’ na cidade olívica.

En concreto, en Vigo, os socialistas lograron ser segunda forza, con 43.332 votos –31,97%–, moi preto da primeira, o PPdeG, que obtivo 44.064 apoios –34,51%–. Pola súa banda, o Bloque colocouse como a terceira formación ao sumar 31.628 sufraxios –23,34%–.

Ante esta situación, nunha rolda de prensa celebrada este luns en Vigo, o alcalde felicitou a Feijóo polo seu resultado electoral, aínda que lembrou que non obtivo ese recoñecemento do líder do PPdeG tras revalidar a súa maioría absoluta nas pasadas eleccións municipais celebradas en maio de 2019. “Desexo que (Feijóo) teña moito éxito porque o éxito que teña este catro anos (de lexislatura) será o éxito de Galicia”, recalcou o rexedor olívico, quen, con todo, lamentou que os vigueses “saben o que poden esperar” do presidente da Xunta.

“A nosa expectativa, despois de 12 anos, é a que é”, incidiu Abel Caballero, quen resaltou que lle “gustaría” que o presidente da Xunta “entendese que Vigo é a cidade de maior poboación da comunidade”, así como a que máis achega ao seu PIB, e que, por tanto “ten dereito a ser atendida” como tal.

Preguntado sobre un posible reestablecemento da relación do goberno local coa Xunta na nova lexislatura, insistiu en que Feijóo “foi o que tratou mal a Vigo” e “deixou de atender á cidade”, polo que considerou que “lle corresponde a el rectificar”. Así, o alcalde asegurou que, se modifica a súa posición, “terá a súa man tendida” e insistiu en que o seu partido é a súa cidade.

Con todo, insistiu en que os resultados das eleccións deste domingo non lle “afectan” como alcalde e rexeitou valorar se deben motivar a realización de modificacións no seo do PSdeG, que pasou de contar con 14 a 15 escanos no Pazo do Hórreo.

ÚLTIMAS

Outro motorista, de 21 anos, morre tras chocar contra un coche en Gondomar

Un mozo, I.D.L. de 21 anos de idade, perdeu a vida na madrugada deste...

Outra vez retencións na AP-9 ao seu paso por Vigo por un accidente entre dous camións

Un accidente entre dous camións na autoestrada AP-9 ao seu paso por Vigo provocou longas retencións...

Catro anos de cárcere para un agresor sexual reincidente que agarrou as nádegas e bicou a unha menor nun portal de Vigo

A Audiencia Provincial de Pontevedra impuxo unha pena de catro anos de cárcere para...

Abel Caballero ve no novo expediente da UE “a gran ocasión” para lograr a gratuidade total da AP-9

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, ve o novo expediente de infracción que a UE...