InicioPolíticaO último escano de Pontevedra queda pendente do voto dos residentes ausentes

O último escano de Pontevedra queda pendente do voto dos residentes ausentes

PUBLICADO O

- Advertisement -

O último escano da provincia de Pontevedra está aínda no aire e dependerá do voto dos residentes ausentes. O PSdeG conseguiu quitarlle o escano ao PP co 99% do reconto e por pouco máis de cen votos. Deste xeito, o PP queda con dez actas e BNG e PSdeG, con seis respectivamente.

Se se mantivese a distribución de escanos pola provincia de Pontevedra, non entraría no Parlamento galego polo PP Alberto Pazos, e si o faría polo PSdeG Noelia Otero, que concorría como número seis na lista socialista por esta circunscrición.

Tal foi a intensidade no reconto e as tensións a última hora da noite que o reconto paralizouse co 99,87% do voto escrutado. Na localidade pontevedresa de Sanxenxo, o reconto de votos estivo paralizado ata a madrugada.

ÚLTIMAS

Axentes e funcionarios denuncian as condicións “extremas” de calor na Comisaría de Vigo

Medio centenar de axentes e funcionarios da Comisaría de Vigo-Redondela, convocados polos sindicatos policiais...

Detido en Vigo por unha agresión á súa parella

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un home de 47 anos de...

Confirmados 4 anos de cárcere para un home que extorsionou a unha muller

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a sentenza da sección quinta...

OPINIÓN.- Riscos ambientais e patrimonio local na Barroca de Navia

As ondas de calor soportadas no mes de xuño mostran con claridade a anomalía...