InicioPolíticaSánchez non acudirá ao peche de campaña de Caballero por unha avaría...

Sánchez non acudirá ao peche de campaña de Caballero por unha avaría no avión

En lugar do presidente do Goberno estará presente o ministro José Luís Ábalos.

PUBLICADO O

Unha avaría no avión co que o presidente do Goberno e secretario xeral do PSOE, Pedro Sánchez, tiñan previsto viaxar a Vigo impediu a súa presenza no peche de campaña do candidato á Presidencia da Xunta, Gonzalo Caballero.

Segundo o propio Pedro Sánchez publicou no seu perfil da rede social Twitter, o motivo da súa ausencia ao mitin previsto no Parque de Castrelos da cidade olívica débese a unha “avaría técnica” no avión, unha nave de aluguer.

“Queixume non poder viaxar a #Vigo por unha avaría técnica no avión para estar cos compañeiros e compañeiras do @PSdeG, apoiando ao noso candidato @G_Caballero_M”, sinala a mensaxe publicada polo presidente. “Fagamos que Galicia avance o #12J. Enchamos as urnas de votos socialistas!”, finaliza Pedro Sánchez.

Pola súa banda, no arranque do mitin, a integrante da candidatura por Pontevedra Noelia Otero, encargada de presentar o acto, desculpou a ausencia de Sánchez e explicou o avión tivo unha incidencia técnica e “non puido despegar” do aeroporto de Madrid-Barajas Adolfo Suárez. Con todo, subliñou que o presidente está “perfectamente ben”.

No seu lugar, ao acto acudiu o ministro de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, José Luís Ábalos, quen, segundo explicaron fontes do PSdeG, tiña previsto pasar o fin de semana en Galicia tras participar este xoves e venres en distintos actos electorais xunto a Gonzalo Caballero.

Precisamente, o ministro asegurou que acudía ao acto “coa intención de escoitar” pero que o “chamou” o presidente para contarlle “o da roda” e pedirlle que lle substituíse no mitin. “A roda do avión estalou, que non é a primeira vez que lle pasa, nin a segunda”, sinalou.

ÚLTIMAS

Estudantes de Vigo e Monforte álzanse con tres premios da competición educativa Young Business Talents

Dous equipos de alumnado do IES San Tomé de Freixeiro (Vigo) e un grupo...

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presenta a súa renuncia para centrarse na súa actividade no Congreso

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presentou este venres a súa renuncia...

O BNG promete ser “a primeira liña de defensa” de Vigo no Parlamento galego, fronte ao “abandono” da Xunta

O BNG trasladou este venres o seu compromiso de ser "a primeira liña de...

O TSXG confirma a sentenza dun xulgado de Vigo que declaraba legal a prórroga do servizo municipal de auga

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a sentenza ditada en 2022...