InicioPolíticaGalicia en Común comprométese a instaurar a gratuidade das escolas infantís e...

Galicia en Común comprométese a instaurar a gratuidade das escolas infantís e aumentar o investimento en educación ao 7% do PIB

Sinala o seu compromiso de que as escolas infantís públicas sexan gratuítas e unha ferramenta útil na conciliación

PUBLICADO O

- Advertisement -

O candidato de Galicia en Común-Anova Mareas, Antón Gómez Reino, acudiu hoxe ás portas dunha escola infantil, pertencente á rede “Galiña Azul” para dar conta dalgunhas das medidas da coalición en materia educativa de cara ao 12 de xullo

Antón Gómez Reino sinalou que “o noso modelo é completamente oposto ao que o PP de Feijóo impulsou nos últimos once anos nos que quixo desmantelar a educación pública, privatizala e desgaleguizala aumentando o financiamento dos centros privados”. 

Dende Galicia en Común-Anova Mareas proponse “a gratuidade do ensino como garante da igualdade de oportunidades”, incluíndo as escolas infantís de 0 a 3 anos no sistema educativo para facelas públicas e gratuítas de xeito progresivo, “non só para o segundo fillo ou filla senón para todas”. Entre outras medidas inclúese a “gratuidade dos libros de texto, dos comedores escolares de provisión directa e un sistema de bolsas e axudas adaptado á realidade no país e que opere como un verdadeiro mecanismo de compensación social”.

O candidato anunciou que “hai que voltar a 21 horas en primaria e a 18 en secundaria, que o PP elevou a 25 e 20 respectivamente” aumentando ao 7% do PIB o investimento en educación.Con respecto a 2009 recortáronse polo PP do señor Feijóo 294 millóns de euros”.

Antón Gómez Reino preguntoulle a Feijóo “cando ten pensado abrir escolas infantís que permitirían mellorar a conciliación” e engadiu que “as políticas que o PP disfraza de medidas de conciliación baseánse nun modelo familiarista e natalista onde seguen a ser as mulleres as que asumen a maior parte dese peso”.

ÚLTIMAS

Volven prender lume en Chandebrito oito anos despois da traxedia na que morreron dúas persoas

Un lume forestal que comezou onte á noite en Chandebrito (Nigrán) queimou 0,73 hectáreas...

Caballero, contra as peaxes na A-52 e A-55: “As construtoras que se dediquen a contruír”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, arremeteu este venres contra a proposta da patronal...

Abel Caballero tacha de “bobada” a proposta do PP para o centro de asociacións

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, negou este venres que poña problemas á Xunta...

A praia a Calzoa, a difícil convivencia entre liberdade canina e respecto pola natureza

Celebridades como o exfutbolista Vlado Gudelj e o músico Abraham Cupeiro participan na campaña...