InicioPolíticaOs debates provinciais terán lugar este mércores ás 10 da mañá na...

Os debates provinciais terán lugar este mércores ás 10 da mañá na TVG

Os encontros repiten o esquema do debate entre cabezas de lista celebrado na noite do pasado luns na Televisión de Galicia.

PUBLICADO O

A Televisión de Galicia emite este mércores a partir das 10,00 horas os debates provinciais entre candidatos do sete principais forzas –PP, Marea Galeguista, PSdeG, BNG, Galicia En Común, Ciudadanos e Vox– que compiten nas eleccións autonómicas deste 12 de xullo.

No caso de Pontevedra, intervirán Alfonso Rueda (PPdeG), Peque González (Marea Galeguista), Xullo Torrado (PSdeG), Luís Bará (BNG), Eva Solla (Galicia en Común-Anova Mareas), Fátima Iglesias Ferreira (Cs) e Antonio Ramilo (VOX).

Os debates serán moderados polo xornalista Francisco López Iglesias e ofreceranse en desconexión provincial a partir das 10,00 horas, dentro do espazo informativo ‘Bos Días’, segundo informa a Corporación Radio Televisión de Galicia.

Os encontros repiten o esquema do debate entre cabezas de lista celebrado na noite do pasado luns na Televisión de Galicia. Así, haberá catro bloques temáticos –coronavirus, economía, políticas sociais e gobernabilidade e encaixe de Galicia no Estado– nos que non haberá quendas fixos de intervención.

Deste xeito, será o moderador quen reparta os tempos “da forma máis equitativa posible”, segundo detalla o ente público. Os debates terán unha hora de duración e serán gravados no Estudo 5 da sede da CRTVG en San Marcos, en Santiago, mesmo emprazamento que o debate a sete do luns.

As emisións serán repetidas pola G2, a segunda canle da TVG, tras o Telexornal Serán entre o mércores e xoves. Deste xeito, poderán verse os debates de candidatos de Lugo e Ourense o mércores a partir das 23,00 horas. Á mesma hora, pero un día despois, ofreceranse os encontros provinciais de Pontevedra e A Coruña serán repetidos.

ÚLTIMAS

Outro motorista, de 21 anos, morre tras chocar contra un coche en Gondomar

Un mozo, I.D.L. de 21 anos de idade, perdeu a vida na madrugada deste...

Outra vez retencións na AP-9 ao seu paso por Vigo por un accidente entre dous camións

Un accidente entre dous camións na autoestrada AP-9 ao seu paso por Vigo provocou longas retencións...

Abel Caballero ve no novo expediente da UE “a gran ocasión” para lograr a gratuidade total da AP-9

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, ve o novo expediente de infracción que a UE...

Chega aos Play Doc ‘Salvaxe, Salvaxe’ un filme ecoloxista galego premiado en Málaga

O filme galego ‘Salvaxe, Salvaxe’ chega a Galicia este mes de maio, despois de...