InicioPolíticaEsta foi a aplaudida resposta da Ministra de Traballo ao deputado vigués...

Esta foi a aplaudida resposta da Ministra de Traballo ao deputado vigués Diego Gago logo de acusala de ‘fraude’

"Sabía bien lo que iba a hacer. Intenta convertir una pregunta sobre un tema muy importante en nuestro país, en un mitín para el Sr. Feijóo" introduciu Yolanda Díaz antes de dar resposta a Gago.

PUBLICADO O

- Advertisement -

As preguntas do deputado vigués Diego Gago (Partido Popular) á Ministra de Traballo Yolanda Díaz (Unidas Podemos) foron interpretadas como un intento de trasladar o debate da campaña electoral en Galicia ao congreso dos deputados.

O deputado do Partido Popular por Pontevedra Diego Gago realizou varias preguntas á Ministra de Traballo o pasado día 23 de xuño, durante a sesión de control ao Goberno de España.

Nunha primeira intervención o deputado popular preguntou acerca das solucións ofrecidas polo Goberno para os traballadores suxeitos aos ERTE a partir do 30 de setembro de 2020. A Ministra respondeu que “el diseño de los ERTE fue la herramienta más eficaz para proteger a las empresas y a los trabajadores. Existe consenso social sobre ello, excepto por el del Partido Popular que de manera incomprensible se ha quedado al margen

Pero a pregunta que irritou máis á Ministra foi a relativa a Alcoa onde Gago acusouna de “ser un fraude, para Galicia y para España”.

“Hablemos de Galicia… ¿se acuerda cuando hace 8 meses en campaña electoral usted lideraba todas las manifestaciones en defensa de Alcoa. O le preocupaba la dependencia de muchas familias que trabajaban en la central térmica de As Pontes?. ¿Se acuerda cuando le echaba la culpa a la innación del Gobierno Socialista. ¿Dónde está hoy Sra. Ministra?.. Es usted un fraude… Para Galicia y para España.” insistía Gago.

A resposta da Ministra non se fixo esperar. “Le conozco bien. Sabía bien lo que iba a hacer. Intenta convertir una pregunta sobre un tema muy importante en nuestro país, en un mitín para el Sr. Feijóo“.

“Le voy a hablar la inexistente política industrial del Partido Popular singularmente en mi país, que se llama Galicia. .. le voy a hablar de las competencias que no ejerce el Sr Feijóo… Le voy a hablar de gracias al Sr. Feijóo hemos perdido 20.000 empleos industriales en mi país que se llama Galicia. Le voy a hablar de algunas empresas que han dejado caer ustedes: Alcoa, Vulcano, Barreras, Poligal, Isobar, R, Caramelo, T-Solar, Viriato, Alfageme, Conservas Cuca… puedo seguir hasta el infinito Sr. Gago”… “Sé muy bien lo que ha hecho su partido en Galicia. Dejarnos morir la industria” concluiu a Ministra ante a negativa do deputado dende a bancada.

ÚLTIMAS

Absolto o acusado de violar a unha moza durmida pola falta de consistencia da versión da denunciante

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, ditou sentenza na que...

A xuíza acorda o arquivo da causa contra o detido na rúa Mestre Montes por agredir supostamente á súa nai cun garfio

A xuíza de instrución 2 de Vigo acordou o sobresemento e arquivo das actuacións...

Detidos dous homes na rúa Cánovas del Castillo por supostos roubos con forza no interior de 15 coches estacionados

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Vigo detiveron a dous homes como presuntos autores de...

Detido na rúa Uruguai tras lesionar a unha viandante, á que golpeou cunha lata de cervexa, causándolle un corte na tempa

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un home de 45 anos de idade, J.K.V.,...