InicioPolíticaEn Común insta a Feijóo a cesar a López Veiga por "bloquear...

En Común insta a Feijóo a cesar a López Veiga por “bloquear a reactivación” dos estaleiros de Vulcano

O candidato da formación, Antón Gómez-Reino, comprometeuse a "garantir que nos terreos de Vulcano se poidan construír barcos" se Galicia en Común asume tarefas de goberno tras as eleccións do 12 de xullo.

PUBLICADO O

O candidato á Presidencia da Xunta pola coalición Galicia En Común-Anova Mareas, Antón Gómez-Reino, instou ao titular do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, a cesar ao presidente do Autoridade Portuaria de Vigo, Enrique López Veiga, por “levar meses bloquendo a posibilidade de reactivar a actividade” dos estaleiros de Vulcano nos portos de Guixar, en Vigo.

O cabeza da lista da coalición de Podemos, Esquerda Unida, Anova e as mareas de Santiago e A Coruña visitou este venres a cidade olívica para reunirse, acompañado polas ocupantes dos dous primeiros postos da lista por Pontevedra, Eva Solla e Iria Figueroa; co comité de empresa de Vulcano, que acusa a López Veiga de plantar cara á posiblidade de que as instalacións do estaleiro poidan manter actividade.

Gómez-Reino lamentou que o titular da Autoridade Portuaria de Vigo –órgano dependente da Xunta– manteña “unha actitude obstaculizadora que pon en perigo o mantemento de decenas de postos de traballo”, á vez que se comprometeu a “garantir que nos terreos de Vulcano póidanse construír barcos” se Galicia en Común asume tarefas de goberno tras as eleccións do 12 de xullo.

Pola súa banda, a cabeza de lista da coalición por Pontevedra e coordinadora nacional de Esquerda Unida, Eva Solla, lamentou que durante o seu once anos á fronte da Xunta, o presidente Feijóo “non só non fixo nada por apoiar ao sector naval de Vigo, senón que puxo en perigo a súa continuidade”.

Neste sentido, lembrou que a “errada operación” para “reflotar” o estaleiro Fillos de J. Barreras a través dos acordos a petroleira mexicana Pemex, “cuxa deriva xudicial está todoavía por resolver tras a detención e procesamiento por corrupción” de varios executivos da compañía azteca

A continuación, tamén se referiu a a “negativa” a prestar “calquera apoio” desde a Administración autonómica “á viabilidade” de Vulcano, o que, segundo Solla, resultou na “perda de 300 empregos durante os últimos anos pola actitude irresponsable e desleal de Feijóo”.

ÚLTIMAS

O TSXG confirma a condena a comuneiros de Cabral, que deben reverter as obras dun parking en Peinador

OO Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) ratificou o fallo do Xulgado do Contencioso-Administrativo número...

O BNG de Vigo denuncia a falta de auga potable no IES de Beade, e goberno local e Xunta cúlpanse mutuamente

O grupo municipal do BNG en Vigo denunciou este luns que o IES de...

A Deputación envía ao Concello o convenio para a bancada de Gol, que podería asinarse “esta semana”

A Deputación de Pontevedra enviou este luns ao Concello de Vigo o convenio para a reforma da bancada de...

A taxa de criminalidade increméntase no primeiro trimestre un 5,3% en Vigo

A taxa de criminalidade creceu un 16,4% no primeiro trimestre deste ano na cidade...