InicioPolíticaAbel Caballero considera "imprescindible" cambiar a Feijóo da Xunta para que Vigo...

Abel Caballero considera “imprescindible” cambiar a Feijóo da Xunta para que Vigo non siga marxinda

PUBLICADO O

O alcalde de Vigo e presidente da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), Abel Caballero, cualificou de “imprescindible” o cambio na Xunta para que a súa cidade poida contar con esta institución como “aliada”.

E é que, baixo o goberno de Feijóo e durante a actual pandemia, segundo denunciou o rexedor olívico, o Goberno galego “no ámbito social abandonou todo o espazo de Galicia“. “Nun momento tan duro, nestes case tres meses, toda a acción da política social en Vigo tomouna o concello”, sostivo Abel Caballero, que asegurou que “a Xunta simplemente non estivo”.

Caballero realizou estas declaracións no Foro Nueva Economía onde apoiou a Gonzalo Caballero como o candidato do PSdeG á Xunta nun acto que tamén contou coa presenza de do presidente de Xunta de Estremadura, Guillermo Fernández Vara, e o ministro de Transportes, José Luis Ábalos. Toda a información en Galicia Confidencial.

ÚLTIMAS

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presenta a súa renuncia para centrarse na súa actividade no Congreso

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presentou este venres a súa renuncia...

Vallejo Torres toma posesión como novo fiscal xefe de Vigo, co compromiso da protección “aos máis vulnerables”

Óscar Vladimir Vallejo Torres tomou este venres posesión do seu cargo como novo fiscal...

Gonzalo Caballero proposto polo PSOE de Vigo como candidato galego ás europeas

A asemblea do Partido Socialista de Vigo propuxo ao que fora secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero,...

Stellantis Vigo espera que o Perte se resolva “a final de mes”

O director da planta viguesa do grupo automobilístico Stellantis, Ignacio Bueno, ve "difícil" superar...