InicioPolíticaO alcalde da Cañiza denuncia que o PP deixou case 3 millóns...

O alcalde da Cañiza denuncia que o PP deixou case 3 millóns de “débeda de facturas sen pagar”

Asegura que as cifras amosan unha situación "dramática e de colapso" tralo estudo das operacións dos últimos oito anos.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde da Cañiza, Luís Piña, denunciou que o PP deixou no Consistorio “unha débeda de facturas sen pagar” por un importe que ascende a case 3 millóns de euros.

“Despois dun exhaustivo e detallado estudo desenvolvido durante os últimos meses, no que se rastrexaron e comprobaron todas as facturas dos últimos oito anos, as cifras arroxan unha situación dramática e de colapso”, sinala o goberno local, nun comunicado.

“Insustentable para poder afrontar o gasto corrente derivado do normal funcionamento do Concello e para poder asumir e amortizar a débeda herdada do anterior goberno do PP presidido por Miguel Domínguez”, agrega.

Así mesmo, incidiu no “esforzo titánico” realizado polo actual goberno local para amortizar esta débeda e indicou que, desde o 16 de xuño de 2019, cando empezou a funcionar a nova Corporación, pagáronse máis de 1,7 millóns de euros.

ÚLTIMAS

Axentes e funcionarios denuncian as condicións “extremas” de calor na Comisaría de Vigo

Medio centenar de axentes e funcionarios da Comisaría de Vigo-Redondela, convocados polos sindicatos policiais...

Detido en Vigo por unha agresión á súa parella

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un home de 47 anos de...

Confirmados 4 anos de cárcere para un home que extorsionou a unha muller

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a sentenza da sección quinta...

OPINIÓN.- Riscos ambientais e patrimonio local na Barroca de Navia

As ondas de calor soportadas no mes de xuño mostran con claridade a anomalía...