InicioPolíticaAbel Caballero ameaza con levar a Xunta aos tribunais se non aboa...

Abel Caballero ameaza con levar a Xunta aos tribunais se non aboa a Vigo 1,7 millóns por gasto social durante a pandemia

Esixe que se pague "de inmediato, antes das eleccións" autonómicas de xullo.

PUBLICADO O

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este martes que o goberno municipal reclama á Xunta de Galicia 1,7 millóns de euros de gastos en axudas sociais asumidos pola administración local, e advertiu de que, se o Goberno galego non paga, acudirá aos tribunais.

Así o confirmou o rexedor, que explicou que o Concello de Vigo outorgou axudas sociais, durante o estado de alarma decretado pola pandemia de coronavirus, por valor de 1,7 millóns, e que a Xunta de Galicia, a pesar de recibir ” do Goberno” fondos para estas continxencias, “a Vigo non chegou nin un céntimo”.

Por iso, o departamento de Benestar Social dirixirá unha carta ao Goberno galego para reclamar ese diñeiro, e esixirá que se pague “de inmediato, antes das eleccións” autonómicas de xullo. “Se non pagan, levareinos aos tribunais”, advertiu Abel Caballero.

O alcalde subliñou que outras comunidades autonómas fixeron efectivas transferencias aos municipios para facer fronte a eses gastos sociais, pero “a Xunta a Vigo deulle cero euros”. “É un escándalo, a Xunta marxinando a cidade”, incidiu.

Así mesmo, Abel Caballero asegurou que o Goberno galego debe a Vigo “inxentes cantidades” de diñeiro polas bolsas de comedor que outorga o Concello e que, segundo o rexedor, son competencia da administración autonómica.

ÚLTIMAS

Estudantes de Vigo e Monforte álzanse con tres premios da competición educativa Young Business Talents

Dous equipos de alumnado do IES San Tomé de Freixeiro (Vigo) e un grupo...

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presenta a súa renuncia para centrarse na súa actividade no Congreso

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presentou este venres a súa renuncia...

O BNG promete ser “a primeira liña de defensa” de Vigo no Parlamento galego, fronte ao “abandono” da Xunta

O BNG trasladou este venres o seu compromiso de ser "a primeira liña de...

O TSXG confirma a sentenza dun xulgado de Vigo que declaraba legal a prórroga do servizo municipal de auga

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a sentenza ditada en 2022...