InicioPolíticaO BNG de Mondariz Balneario péchase no Concello para pedir medidas pola...

O BNG de Mondariz Balneario péchase no Concello para pedir medidas pola COVID-19

O alcalde contéstalles que "xa tomou as medidas que tiña que tomar" nun concello onde non houbo ningún caso.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O grupo municipal do BNG no concello de Mondariz Balneario (o máis pequeno de Galicia, con pouco máis de 640 habitantes) encerrouse este luns durante varias horas no consistorio como medida de protesta pola negativa do goberno local, encabezado por José Antonio Lorenzo (PP), a crear unha mesa de traballo que aborde a adopción de medidas para combater a crise xerada pola pandemia de coronavirus.

A corporación deste municipio pontevedrés, onde non se detectou ningún positivo por este virus, celebrou este luns un pleno extraordinario a petición do BNG (que ten 3 dos 7 edís, fronte aos 4 representantes do PP) para debater a creación desa mesa de traballo, pero a maioría do grupo de goberno tombou a proposta co seu voto en contra.

O portavoz do grupo nacionalista, César Gil, sinalou que o alcalde rexeitou a proposta de crear ese grupo de traballo “coma se en Mondariz Balneario non fixesen falta medidas nin houbese ningún tipo de necesidade” ante a crise pola emerxencia sanitaria.

A ese respecto, o BNG denuncia a “pasividade” do PP ante a necesidade de acordar decisións para apoiar a hostaleiros, autónomos e pequenos empresarios do municipio, e que minimicen “o impacto” da pandemia.

“A día de hoxe, o goberno non aplicou nin unha soa medida dirixida a paliar a crise socioeconómica e sanitaria”, denunciaron os nacionalistas, que criticaron o “talante antidemocrático” do rexedor, ao que tamén acusan de obstaculizar o acceso á información e ás actas da xunta de goberno por parte dos edís do BNG. Nese sentido, lembraron que o PP gañou a alcaldía de Mondariz Balneario en 2019 “por só tres votos”.

RESPOSTA DO ALCALDE

Pola súa banda, o alcalde deste pobo, José Antonio Lorenzo, que ostenta o bastón de rexedor desde 1983 de forma ininterrompida, rexeitou as acusacións dos concelleiros nacionalistas, aos que lembrou que o Concello “xa tomou as medidas que tiña que tomar”.

Así, sinalou que “xa se desinfectaron as rúas”, “os maiores están atendidos” e o goberno municipal está “en contacto permanente con eles”. “Pero non de agora, iso xa desde antes”, matizou, á vez que subliñou a súa satisfacción porque non se detectou ningún caso de coronavirus en Mondariz Balneario.

ÚLTIMAS

Empregados de Vitrasa denuncian a “imposibilidade” de cumprir os “obsoletos” horarios que xeran “atrasos” en buses, especialmente durante o Nadal

O comité de empresa de Vitrasa, a concesionaria do transporte urbano de Vigo, denunciou...

Abel Caballero di que Vigo “arrastrará” a Xunta e deputación para que a cidade “sexa mundialista”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, afirmou este luns que Vigo será mundialista porque...

Carmela Silva (PSdeG) critica ao PP porque “nunca confiou nin axudou” a Vigo

A candidata do PSdeG ao Senado pola provincia de Pontevedra e primeira tenente de...

José Couñago encabezará a candidatura socialista á Alcaldía de Mos nas eleccións locais de 2027

José Couñago encabezará a candidatura do PSdeG-PSOE á Alcaldía de Mos nas próximas eleccións...