InicioPolíticaEsta é a historia do tuit dun veciño do Porriño que viralizaron...

Esta é a historia do tuit dun veciño do Porriño que viralizaron varios ministros

PUBLICADO O

Cada conflito social e cada tempo teñen as súas propias palabras ou expresións, as que definen parte do momento, as que se apoderan e condicionan o debate. Un dos conceptos máis utilizados durante a emerxencia sanitaria que está a provocar o coronavirus é, sen dúbida, “Capitán a Posteriori“. Trátase dun personaxe da serie de debuxos animados ‘South Park‘ que rescatou, a través das redes sociais, un mindoniense, Suso Amieiro.

Ocorreu o 17 de marzo, días despois de que o Goberno decretase o estado de alarma. Amieiro, enxeñeiro de telecomunicacións asentado no Porriño, veu a polémica levantada arredor da xestión da pandemia, con moitas persoas que aseguraban ter predecido o seu impacto. “Todo o mundo sabía o que hai que facer e o que se debeu facer antes; en España hai 38 millóns de seleccionadores de fútbol”, expón. Daquela, fedellando, atopouse cun vídeo que retrataba a situación, ao seu xuízo, á perfección. Era do “Capitán Posteriori” da serie South Park. Toda a información en Xornal da Mariña.

ÚLTIMAS

Estudantes de Vigo e Monforte álzanse con tres premios da competición educativa Young Business Talents

Dous equipos de alumnado do IES San Tomé de Freixeiro (Vigo) e un grupo...

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presenta a súa renuncia para centrarse na súa actividade no Congreso

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presentou este venres a súa renuncia...

O BNG promete ser “a primeira liña de defensa” de Vigo no Parlamento galego, fronte ao “abandono” da Xunta

O BNG trasladou este venres o seu compromiso de ser "a primeira liña de...

O TSXG confirma a sentenza dun xulgado de Vigo que declaraba legal a prórroga do servizo municipal de auga

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a sentenza ditada en 2022...