InicioPolíticaAbel Caballero buscará axuda en Madrid para tentar parar os "abusos" que...

Abel Caballero buscará axuda en Madrid para tentar parar os “abusos” que a Xunta comete con Vigo

Di que "non pode ser" que as Comunidades Autónomas reciban recursos para desenvolver as súas competencias e que, en lugar de facelo, trasladen esas obrigacións aos concellos, obrigándolles a pagar eses servizos cos recursos municipais.

PUBLICADO O

alcalde de Vigo e presidente da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), Abel Caballero, avanzou que trasladará á ministra de Política Territorial e Función Pública, Carolina Darias, na reunión que van manter este mércores, a “imperiosa necesidade” de abordar reformas normativas, de revisar a delimitación de competencias e de pór fin ao “matonismo político” de gobernos autonómicos, “como o da Xunta”, que “obrigan” aos concellos a asumir e financiar competencias que son das Comunidades Autónomas.

Así o explicou o rexedor olívico nunha rolda de prensa na que confirmou que vai describir “a Darias a situación das entidades locais e a trasladarlle a “imperiosa necesidade” de reformar a Lei de Bases de Réxime Local e de facer unha “revisión total” da Lei de Racionalización e Sustentabilidade da Administración Local (LRSAL), unha “terrible lei antimunicipalista do PP”.

Así mesmo, con respecto ás competencias, Abel Caballero proclamou que “non pode ser” que as Comunidades Autónomas reciban recursos para desenvolver as súas competencias e que, en lugar de facelo, trasladen esas obrigacións aos concellos, obrigándolles a pagar eses servizos cos recursos municipais.

“Voulle a pedir que acabe esta situación de abuso dalgunhas Comunidades Autónomas, singularmente da Xunta, e confío moito, teño unha gran expectativa”, asegurou Caballero, quen expresou o seu desexo de que a ministra “se converta na gran valedora da administración local”.

“REVERTER OS ABUSOS”

O presidente da FEMP apuntou que a lei debe “recoñecer” a situación na que se atopan as entidades locais, e avogou por “que se delimiten competencias e obrigacións”. “Non imos admitir delegacións que non veñan con recursos e financiamento, e hai que reverter os abusos en marcha, e invalidar leis elaboradas por Comunidades Autónomas que abusan dos concellos”, recalcou.

No caso de Vigo, o alcalde subliñou que o Concello olívico está obrigado a achegar recursos, por exemplo, para as escolas infantís da Xunta, e que tamén achega fondos para actuacións en colexios de primaria que son obrigación da administración autonómica, como o cubrimiento dos patios.

ÚLTIMAS

Estudantes de Vigo e Monforte álzanse con tres premios da competición educativa Young Business Talents

Dous equipos de alumnado do IES San Tomé de Freixeiro (Vigo) e un grupo...

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presenta a súa renuncia para centrarse na súa actividade no Congreso

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presentou este venres a súa renuncia...

O BNG promete ser “a primeira liña de defensa” de Vigo no Parlamento galego, fronte ao “abandono” da Xunta

O BNG trasladou este venres o seu compromiso de ser "a primeira liña de...

O TSXG confirma a sentenza dun xulgado de Vigo que declaraba legal a prórroga do servizo municipal de auga

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a sentenza ditada en 2022...