InicioPolíticaFeijóo imita ao lehendakari vasco e adianta as eleccións galegas

Feijóo imita ao lehendakari vasco e adianta as eleccións galegas

Os galegos están chamados a votar en pouco menos de dous meses.

PUBLICADO O

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, decidiu adiantar as eleccións galegas ao 5 de abril e Galicia volverá ir ás urnas da man de Euskadi, como fixo no últimas tres convocatorias. Feijóo reuniu esta tarde o seu Goberno e convocou os medios para comunicar a súa decisión, pouco despois de que o lehendakari vasco, Iñigo Urkullu, anunciase o adianto vasco.

A decisión, primeiro, de Quim Torra, presidente de Cataluña, de convocar eleccións anticipadas, e despois, do lehendakari vasco, Íñigo Urkullu, de adiantar as do País Vasco puxeron a Feijóo nunha dura tesitura. Ata agora, e en tres eleccións consecutivas, os galegos foron convocados ás urnas o mesmo día que eran convocados os vascos. E en todas as ocasións, Galicia foi a cabalo da decisión dos presidentes de Euskadi. E, nesta ocasión, máis que nunca, vascos e cataláns volven condicionar a axenda política galega.

Toda a información en Galicia Confidencial.

ÚLTIMAS

O TSXG confirma a condena a comuneiros de Cabral, que deben reverter as obras dun parking en Peinador

OO Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) ratificou o fallo do Xulgado do Contencioso-Administrativo número...

O BNG de Vigo denuncia a falta de auga potable no IES de Beade, e goberno local e Xunta cúlpanse mutuamente

O grupo municipal do BNG en Vigo denunciou este luns que o IES de...

A Deputación envía ao Concello o convenio para a bancada de Gol, que podería asinarse “esta semana”

A Deputación de Pontevedra enviou este luns ao Concello de Vigo o convenio para a reforma da bancada de...

A taxa de criminalidade increméntase no primeiro trimestre un 5,3% en Vigo

A taxa de criminalidade creceu un 16,4% no primeiro trimestre deste ano na cidade...