InicioPolíticaAbel Caballero presume de que a denuncia da Marea sobre tallas de...

Abel Caballero presume de que a denuncia da Marea sobre tallas de árbores en Vigo aínda non foi admitida no Europarlamento

O alcalde acusa a Marea de situarse "contra" a cidade e de aspirar a que Vigo "teña un mal nome" en Europa.

PUBLICADO O

O alcalde de cidade olívica, Abel Caballero, sinalou que a denuncia interposta por Marea de Vigo ante o Parlamento Europeo para reprobar as tallas de árbores realizadas durante as obras de instalación de ramplas mecánicas na Gran Vía aínda “non foi admitida a trámite”.

O rexedor explicou que a eurodeputada que remitiu esta cuestión, Sira Rego, só recibiu un “acuse de recibo” da entrega da documentación.

Estas críticas prodúcense despois de que Marea de Vigo informase de que a Presidencia do Comité de Peticións do Parlamento da UE resolveu recomendar a admisión da denuncia presentada a través do grupo confederal da Esquerda Unitaria Europea sobre o uso de fondos DUSI na reforma da rúa Gran Vía da cidade olívica. Durante a obra talláronse árbores de acordo cun informe técnico que advertía do seu mal estado.

Ante esa situación, o alcalde acusou a formación de situarse “contra” a cidade e de aspirar a que a urbe olívica “teña un mal nome” en Europa. Así, criticou que os líderes desta formación en Santiago e A Coruña “lle obriguen” a comportarse dese xeito e advertiu de que iso levará que esta formación perda a súa representación na corporación municipal nas próximas eleccións locais.

Por outra banda, puxo en valor a humanización realizada da rúa Emilia Pardo Bazán e o apoio achegado por parte da Deputación de Pontevedra a esta actuación. Así, asegurou que a colaboración do ente provincial con Vigo se limitou á etapa de Carmela Silva á fronte da Presidencia e acusou o expresidente Rafael Louzán de non dar resposta ás necesidades da cidade durante o seu mandato.

ÚLTIMAS

Asistidas un pai e a súa filla en Vigo tras producirse un incendio na súa vivenda

Dúas persoas, un pai e unha filla, necesitaron asistencia en Vigo este xoves tras producirse...

Emilio Sotelino ou a Asociación de Viúvas Demócratas entre os Vigueses Distinguidos 2024

O pleno de Vigo aprobou este luns por unanimidade nunha sesión extraordinaria os novos Vigueses...

O goberno de Vigo aproba o marco orzamentario ata 2027 e prevé investimentos por valor de 33 millóns cada ano

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o goberno local aprobou o marco...

Pechados parques e espazos arbóreos da cidade de Vigo debido ao temporal

O Concello de Vigo restrinxiu por seguridade o acceso aos parques e espazos arbóreos...